Saída didáctica a Monteferro

 O pasado xoves, 24 de setembro, o alumnado de quinto e sexto curso de Primaria do "Humberto Juanes" tivo a oportunidade de realizar unha actividade que combinou o exercicio físico (máis de seis quilómetros e a meirande parte do percorrido en pendente), coa orientación espacial (pois organizados por equipos, tiñan que atopar tesouros manexando o GPS, coa xeografía, coa historia  (visitando o Arco visigótico de Panxón e os petróglifos de Monteferro, e aprendendo tamén algunha cousa de literatura cos comentarios arredor do libro "A praia dos afogados".

PARA VER AS FOTOS FACEDE "CLICK" NA IMAXE

En fin... toda unha experiencia para comezar ben o novo curso.