ACTIVIDADES EXTRAESCOLARES 2021/22: PROTOCOLO COVID, HORARIO E ESPAZOS

PARA HORARIO E ESPAZOS, VER DOCUMENTO ADXUNTO.

PROTOCOLO COVID ACTIVIDADES EXTRAESCOLARES

 

(ASPECTOS XERAIS DE APLICACIÓN A TODAS AS ACTIVIDADES,

CADA UNHA TERÁ, A MAIORES, CONCRECIÓNS ESPECÍFICAS)

 

SOBRE HIXIENE  E SEGURIDADE COVID-19

·        

Por tratarse exclusivamente de alumnado do centro non será obrigatoria a toma de temperatura corporal.

·        

Ao entrar nas instalacións escolares procederase a hixienizar as mans. Pode ser con xel hidroalcohólico ou con auga e xabón. Ao finalizar a actividade, o alumnado volverá hixienizar as mans.

·        

Todo o alumnado, incluído o de infantil, usará máscaras durante as actividades extraescolares.

·        

En caso de haber alumnado pertencente a un mesmo grupo burbulla poderán manterse a unha distancia inferior a 1´5 metros; por conseguinte, o alumnado de diferentes grupos burbulla estará a unha distancia mínima de 1´5 metros. Sinalarase o lugar que ocupará cada grupo burbulla.

 

SOBRE VENTILACIÓN

·        

A monitora/monitor responsabilizarase de que as aulas e instalacións permanezan constantemente ventiladas, haberá unha folla de rexistro.

·        

Ximnasio: as fiestras e a porta permaneceran abertas en todo momento, adaptándose ao impacto do vento.

·        

Pavillón: permanecerán abertas, como mínimo, a porta de emerxencia pequena e a porta de emerxencia grande, adaptándose ao impacto do vento.

·        

Aulas interiores: permaneceran abertas as fiestras, adaptándose ao impacto do vento.

 

EN CASO DE EMERXENCIAS

·        

As monitoras e monitores terán un teléfono de contacto (622 828 171) para falar co profesorado de garda de biblioteca, no caso de que se dea calquera situación de emerxencia. En caso de emerxencia sanitaria o profesorado de garda e/ou o/a monitor/a contactará de inmediato co 061. Posteriormente chamarán ás familias para comunicar a incidencia.

·        

Ao finalizar a actividade extraescolar o espazo debe quedar ben ordenado.

·        

O profesorado de garda da biblioteca estará en posesión do teléfono escolar de emerxencias, para atender as posibles chamadas.

·        

En caso de que teña febre avisarase á familia, permanecendo o alumnado na aula de illamento situada preto da biblioteca, a cargo do profesorado de garda de biblioteca. De darse esta circunstancia aplicarase o protocolo referido á aula de illamento.

 

SOBRE DESPRAZAMENTO DO ALUMNADO, RECOLLIDAS E ENTREGAS

·        

Os familiares manteranse fóra das edificacións escolares. Para acceder ao recinto escolar é obrigatorio o uso de máscara.

·        

As monitoras de comedor acompañarán ata o hall de entrada ao alumnado que deba permanecer na biblioteca. Estará con el ata a chegada do profesorado de garda.

·        

As monitoras de comedor entregarán aos monitores e monitoras de extraescolares ao alumnado que participe ás 16:00.

·        

As monitoras/es de extraescolares deberán acompañar ata a biblioteca ao alumnado que teña que permanecer na mesma ao remate do seu obradoiro. Tamén terá que pasarse a recoller ao alumnado do seu obradoiro que estea na biblioteca entre a 16:00 e 17:00

·        

Entre as 16:00 e as 18:00 o alumnado en xeral, e o de actividades extraescolares en particular, poderá facer uso da biblioteca escolar, agás o martes; o aforo estará limitado para poder asegurar a separación entre membros de distintos grupos burbulla. O alumnado usuario deste servizo permanecerá custodiado polo profesorado de garda.

·        

Para recoller ao alumnado, no caso de actividades que se desenvolvan no ximnasio ou pavillón, os familiares poden achegarse se levan posta máscara pero, sempre, sen entrar nas dependencias interiores.

·        

No caso das actividades que se desenvolvan na planta -2 do edificio principal, a entrega e recollida pode ser no patio exterior ou no cuberto.

·        

No caso das actividades que se desenvolvan na planta +1do edificio principal, a entrega e recollida será na entrada principal. En caso de que se necesite contactar coa monitora pódese facer sonar o timbre que está na zona de corta ventos, o cal será atendido polo profesorado de garda de biblioteca.

 

SOBRE ASEOS

·        

O alumnado que estea no edificio principal usará os mesmos aseos que durante a xornada lectiva, excepto infantil que usará un WC de uso exclusivo enfronte a dirección.

·        

O alumnado que estea no pavillón usará os baños do mesmo.

·        

O alumnado do ximnasio e planta -2 usará os aseos do patio cuberto.

 

22 de outubro de 2021

AdxuntoTamaño
horarios_espazos_activ_extaresc_2021_22.pdf758.09 KB