NOVIDADES PROTOCOLO COVID-19 DO CEIP DO HÍO, 2021/22

BENVIDAS E BENVIDOS AO CURSO 2021/22

No documento adxunto podedes ler as novidades DO PROTOCOLO COVID-19 máis salientables a ter en conta este ano escolar.

Antes de nada apelamos a que todas as familias actuedes responsablemente en relación coa pandemia (o curso pasado foi unha boa e eficaz demostración, noraboa).

Todas tedes o vínculo de ter fillas e fillos no mesmo colexio. Debe seguir uníndonos a responsabilidade común de coidarnos individualmente e como colectivo. Está nas vosas mans a protección das nenas e nenos que conviven coas vosas fillas e fillos.

GRAZAS E ÁNIMO!!!!

 

AdxuntoTamaño
ceip_hio_novidades_protocolo_covid_2021_22.pdf152.05 KB