Skip to Content

NOVIDADES NAS CANLES DE COMUNICACIÓN COAS FAMILIAS

Como xa informamos con anterioridade, dada a situación excepcional que estamos a vivir, a atención á comunidade educativa será VÍA TELEMÁTICA a través das seguintes canles:

Páxina web da escola:

https://www.edu.xunta.gal/centros/ceipheroinasdesalvora/

 

Correo electrónico: (para temas xerais)

ceip.heroinas.salvora@edu.xunta.es

 

Teléfonos (en horario de 10 a 13 horas):

881 86 63 43 (Dirección) 

881 86 63 44 (Secretaría)

881 86 63 45 (Conserxaría)

 

abalarMóbil, a través de avisos cos que vos materemos informados/as.

 

Ás canles de comunicación engadimos os correos electrónicos das comunidades, para que poidades plantexar aos mestres/as as dúbidas que teñades en relación coas propostas de traballo que enviamos para o alumnado.

Lembramos que é preciso que no asunto indiquedes: o nome do/a mestre/a a quen vai dirixido, así coma o nome do/a neno/a e o seu curso.

Os enderezos son os seguintes:

 

AVISO: SUSPENSIÓN PRESENTACIÓN SOLICITUDES PROCESO DE ADMISIÓN.

Segundo o establecido na disposición adicional terceira do Real

Decreto 463/2020, do 14 de marzo, polo que se declara o estado de alarma para a

xestión da situación de crisis sanitaria ocasionada polo COVID-19 e no

apartado sétimo do Acordo do Centro de Coordinación Operativa (Cecop),

mediante o que se adoptan medidas preventivas en lugares de traballo do sector

público autonómico como consecuencia da evolución epidemiolóxica do

coronavirus COVID-19 interrómpense o prazo para a

presentación de solicitudes deste

procedemento. O cómputo dos prazos

reiniciarase no momento en que perda vixencia o

acordo ou, se é o caso, as prórrogas deste.

 

AVISO: CANLES DE COMUNICACIÓN COA ESCOLA PARA ESTOS DÍAS DE PECHE.

AVISO INFORMATIVO

 

Dada a situación excepcional que estamos a vivir, a atención á comunidade educativa será VÍA TELEMÁTICA a través das seguintes canles:

 

Páxina web da escola:

https://www.edu.xunta.gal/centros/ceipheroinasdesalvora/

 

Correo electrónico:

ceip.heroinas.salvora@edu.xunta.es

 

Teléfonos (en horario de 10 a 13 horas):

881 86 63 43 (Dirección)

881 86 63 44 (Secretaría)

881 86 63 45 (Conserxaría)

 

Seguiremos empregando Abalarmóbil, para manter informada á Comunidade Educativa.

MODIFICACIÓN PRAZO DE PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES DE ADMISIÓN

Segundo o establecido nas instrucións do 13 de marzo de 2020, provisionais, dirixidas ás direccións dos centros educativos de ensino non universitario sobre a concreción das medidas a adoptar  en relación coa pandemia covid-19 para os vindeiros 14 días naturais contados dende o 16 de marzo de 2020

Amplíase provisionalmente o prazo de presentación telemática e presencial de solicitudes de admisión que finalizará 1 semana despois do reinicio das clases.

Recoméndase a utilización preferente da modalidade telemática para a presentación das solicitudes.

AVISO: ALUMNADO ADMITIDO NO IES LELIADOURA

AVISO:

TODO O ALUMNADO QUE PRESENTOU

RESERVA DE PRAZA NO IES LELIADOURA

PARA O VINDEIRO CURSO, FOI ADMITIDO.

Agora deberedes formalizar a matrícula no IES

Leliadoura do 25 de xuño ao 10 de xullo.

(a documentación tedes que recollela alí).

AVISO: ADMISIÓN NOVO ALUMNADO NO CENTRO PARA O CURSO 2020/21

 

Informamos, a aquelas familias que desexan solicitar praza para

 

os/as seus/súas fillos/as na nosa escola, que xa poden

 

RECOLLER en CONSERXERÍA a SOLICITUDE DE ADMISIÓN DE

 

ALUMNADO NOVO para o Curso 2020/21.

 

 

 

PRESENTARASEen SECRETARÍA do 1 ao 23* de MARZO en

 

horario de 12 a 13 h.

 

 

 

*A Sede Electrónica só admitirá a presentación de solicitudes ata o 20

 

de Marzo.

 

A aplicación admisionalumnado admitirá o rexistro ata o 23 de Marzo e estas

 

solicitudes deberán presentarse no centro ou en calquera dos rexistros que

 

establece a Lei de Procedemento Administrativo Común ata o 23 de Marzo.

 

As solicitudes cubertas a man poderanse entregar de forma presencial no centro 

 

ou en calquera dos rexistros que establece a Lei de Procedemento Administrativo

 

Común ata o día 23 de Marzo.

 

AVISO: CHARLA INFORMATIVA

Con motivo do inicio do procedemento de ADMISIÓN DE ALUMNADO NOVO para o curso 2020/21, o día 3 de MARZO en horario de 17 a 18 horas, organizaremos unha charla informativa para todas aquelas familias que estades interesadas en matricular aos vosos fillos e fillas na nosa escola.

Agradecemos que confirmedes asistencia e que non veñades acompañados/as dos/as nenos/as.

 

RECOLLIDA DE VALES PARA MATERIAL ESCOLAR

 

 

Do 1 ao 5 de xullo pódese recoller en secretaría o VALE para material escolar en horario de 12 a 13 horas.

-----------------------------------------------------------------------------------------

 As familias que non o recollan agora, durante os primeiros días do mes de setembro poderán recollelo.

AVISO:

Informamos que xa podedes pasar polo centro para RECOLLER en CONSERXERÍA a DOCUMENTACIÓNpara a FORMALIZACIÓN DA MATRÍCULA DO ALUMNADO NOVO para o curso 2019/20.

------------------------------------------------------

PRESENTARASE NA SECRETARÍA 

do 20 ao 30 de XUÑO,

en horario de 12 a 13 horas.

AXUDAS PARA ADQUIRIR MATERIAL ESCOLAR CURSO 2019/20

Xa está convocada a "Orde do 3 de maio de 2019 pola que se regula a participación no fondo solidario de libros de texto e se convocan axudas para adquirir libros de texto e material escolar destinadas ao alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial en centros docentes sostidos con fondos públicos, para o curso escolar 2019/20 (código de procedemento ED330B)."

PRAZO: ata o 21 de xuño (incluído), de 12 a 13 horas na secretaría.

A contía da axuda para adquirir material escolar destinado, no noso centro, a alumnado matriculado en Educación Primaria con renda per cápita familiar igual ou inferior a 5.400€, será de 50€.

O alumnado que estea en situación de garda ou tutela da Xunta de Galicia, o alumnado de educación especial ou cunha discapacidade igual ou superior ao 65% será beneficiario desta axuda con independencia da renda.

O alumnado que cambie de centro (IES ou outros centros de primaira) tramitará a solicitude no centro no que foi admitido.

 

PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES:

  • Preferiblemente por vía electrónica na aplicación «fondolibros» (https://www.edu.xunta.es/fondolibros) ou a través da sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal, procedemento ED330B.
  • Opcionalmente no centro ou en calquera rexistro oficial.
  • A solicitude estará asinada polo pai, nai, titor/a ou representante legal do alumnado, e a súa presentación implicará que: acepta as bases, cumpre os requisitos e son certos os datos indicados.

 

 DOCUMENTACIÓN PARA A TRAMITACIÓN DO PROCEDEMENTO:

  • Anexo I (un único impreso para todos os fillos e, de ser o caso, tutelados, admitidos no mesmo centro para o curso 2019/20, e nel especificarase o nivel de estudos de cada un deles no citado curso).
  • Anexo II (comprobación de datos dos membros computables da unidade familiar).
  • Copia do libro de familia onde figuren todos os membros computables.

 

Nos casos en que non teñan libro de familia ou este non reflicta a situación a 31 de decembro de 2017, poderán acreditar o número de membros empregando algún dos seguintes medios: Sentenza xudicial de separación ou divorcio ou, de ser o caso, convenio regulador onde conste a atribución da custodia do/a menor; certificado ou volante de convivencia; informe dos servizos sociais ou do órgano equivalente do concello onde resida a familia.

  • Calquera certificado que acredite discapacidade ou outras alegacións (Certificado do grao de discapacidade do/a alumno/a ou calquera membro da familia; documentación xustificativa da situación de violencia de xénero no ámbito familiar; resolución xudicial de incapacitación con patria potestade prorrogada ou rehabilitada; resolución acreditativa da situación de acollemento; certificado de convivencia, volante de convivencia ou informe dos servizos sociais cando o pai e a nai ou titor ou titores carezan de DNI e NIE).

A documentación complementaria presentarase preferiblemente por vía electrónica. As persoas interesadas responsabilizaranse da veracidade dos documentos que presenten. Opcionalmente, poderase presentar a documentación complementaria no centro ou en calquera rexistro oficial.

 

Os documentos deberán ser válidos e eficaces no momento da súa presentación, e reflectir a situación persoal, familiar e económica a 31 de decembro de 2017, agás no caso de violencia de xénero.

 

COMPROBACIÓN DE DATOS:

 

No caso de oposición á consulta indicarase nos cadros correspondentes do formulario e achegaranse os documentos correspondentes.

 

Distribuir contido


by Dr. Radut