Skip to Content

AVISO: INFORMACIÓN SOBRE A RECOLLIDA DE DOCUMENTACIÓN E FORMALIZACIÓN DE MATRÍCULA DO NOVO ALUMNADO.

Informamos que a partir do día de hoxe podedes recoller na escola, CON CITA PREVIA, a documentación para formalizar a matrícula do alumnado novo. A cita pedirase chamando a calquera dos teléfonos da escola 881 86 63 45/ 44/ 43 ou a través do correo electrónico ceip.heroinas.salvora@edu.xunta.gal.

 

Se o preferides, podedes imprimila premendo aquí.

 

A súa presentación SERÁ PRESENCIAL, do 20 ao 30 de XUÑO, para o cal deberedes solicitar CITA PREVIA en calquera dos contactos postos anteriormente.

 

Lembrade respectar estes prazos, xa que segundo o disposto no artigo 40.3 da Orde do 12 de Marzo de 2013, pola que se regula o procedemento de admisión de alumnado en centros docentes sostidos con fondos públicos, se finalizado o prazo de matrícula non se tivese formalizado esta, teráselle por decaído no dereito á praza obtida.

 

 


 

 

As familias dos/as nenos/as que empezan en 4º de Educación Infantil, están convocadas a unha reunión, o venres día 25 de xuño ás 11 horas, que se celebrará no exterior do centro e na que trataremos aspectos relacionados co inicio dos/as seus/súas fillos/as na escola, polo que recomendamos a asistencia dun/ha único/a proxenitor/a e agradecemos que non veñan acompañados/as dos/as nenos/as. De ser posible, e sempre que non o teñan feito antes, a entrevista inicial será entregada este día.
No caso de non poder asistir, comunicarase no centro.



blog | by Dr. Radut