Skip to Content

ADMISIÓN 2021/22: SOLICITUDE DE PRAZA ALUMNADO NOVO

PRAZO DE PRESENTACIÓN: do 1 ao 22 de marzo.

*Por ser día festivo o 19 de marzo a escola permanecerá pechada.


O formulario poderá cumprimentarse na aplicación “admisionalumnado, ou ser descargado e cumprimentado de forma manual. Tamén se poderá descargar e/ou cumprimentar da Sede Electrónica da Xunta de Galicia (no procedemento con código ED550B).

Aínda que o xeito de tramitación preferente é a través da sede electrónica da Xunta de Galicia (acceso coa Chave365 ou co certificado dixital), na secretaría da escola tamén se poderá recoller e presentar a documentación. Para a tramitación presencial, tanto para a recollida (no caso de que non poidades descargala da aplicación) como para a presentación da documentación,é necesario solicitar cita previa a través do correo electrónico da escola  ceip.heroinas.salvora@edu.xunta.gal ou dos números de teléfono 881 86 63 43 / 44 / 45.

Premendo aquí pódese descargar unha guía que pode ser de axuda para cubrir a solicitude.


 DOCUMENTACIÓN A ENTREGAR:

-Anexo II e II (bis): solicitude de admisión asinada polos dous proxenitores.

-Copia do DNI do/s proxenitor/es ou titor/es, aínda que non vos opoñades á consulta dos datos.

-Documento acreditativo da idade do/a alumno/a: Fotocopia do DNI ou da folla do libro de familia.

-Fotocopia completa do libro de familia.

-Sentenza xudicial de separación ou divorcio e/ou convenio regulador onde conste a custodia do menor, de darse o caso.

-Certificación académica expedida pola secretaría do centro anterior (só para o alumnado procedente doutros centros).

-De darse o caso, documentación que acredite a solicitude dunha praza para alumnado con necesidades específicas de apoio educativo (derivada de discapacidade física, psíquica ou sensorial, de sobredotación intelectual ou de trastornos graves da conducta). No caso de alegarse situación desfavorecida como consecuencia de factores sociais, económicos ou culturais, achegarase informe dos servizos oficiais competentes que acrediten as circunstancias alegadas.

-Previsión de servizos complementarios xestionados pola ANPA: Comedor e Plan Madruga. Descargar aquí.

-Modelo de elección de materia. Descargar aquí.


*** A TER EN CONTA: As familias que opten pola presentación telemática deberán enviar ao correo da escola a documentación recollida no recadro anterior que non poidan achegar na sede electrónica.


VALORACIÓN RENDA PER CÁPITA DA UNIDADE FAMILIAR:

Para a súa valoración, as persoas interesadas deberán facer constar a cantidade correspondente á base impoñible no caso de declaración conxunta, ou á base impoñible de cada un dos declarantes da unidade familiar, no caso de declaración individual. A tal efecto, constará a cantidade que resulta da suma das casiñas 435 (base impoñible xeral) e 460 (base impoñible do aforro) da correspondente declaración do imposto sobre a renda das persoas físicas (IRPF) do ano 2019; cando non presente a declaración do IRPF, constarán os ingresos segundo os datos tributarios que facilite a Axencia Estatal de Administración Tributaria.

Esta cantidade dividirase polo número de membros da unidade familiar referido ao día 28 de febreiro de 2021.

Para a aplicación da puntuación do criterio, utilizarase o Indicador público de renda de efectos múltiples (IPREM) anual correspondente ao ano 2019, que está fixado en 6.454,03 euros.

a) Se é inferior a 0,5 veces o IPREM: 3 puntos.

De 0 a 3.227,00 €

b) Se é igual ou superior a 0,5 e inferior a 0,75 veces o IPREM: 2 puntos.

3.227,01 €  a  4.840,51 €

c) Se é igual ou superior a 0,75 veces e inferior ao IPREM: 1 punto.

4.840,52 €  a  6.454,02 €

d) Se é igual ou superior ao IPREM: 0 puntos.

6.454,03 ou superior.


Aguiño, 22 de febreiro de 2021.



blog | by Dr. Radut