Skip to main content

Aplicación móbil para as familias: abalarMóbil

O CEIP Julio Gurriarán é centro piloto para probar a nova aplicación para teléfonos móbiles que poden utilizar as familias:"abalarMóbil":

 

Esta aplicación xa está activa no centro e pódese descargar dende Play Store (se o teléfono ten sistema operativo Android) ou dende a Apple Store (se é un iPhone). Despois de instalada, a aplicación solicitará sempre un pin para asegurar a privacidade do usuario.

As familias que descarguen abalarMóbil van poder dispoñer das seguintes funcionalidades: 

Acceder aos datos persoais
Consultar as cualificacións
Consultar e xustificar as faltas de asistencia
Consultar as faltas de conduta
Solicitar unha cita de titoría
Consultar os datos do centro educativo
Consultar os avisos ou notificacións por parte do profesorado ou do centro educativo.
Consultar as  incidencias creadas polo profesorado
Modificar o idioma da aplicación

Esta nova vía de comunicación será implantada máis adiante no resto dos centros educativos galegos.

Animamos aos pais e nais a descargar e instalar esta aplicación no seu teléfono móbil.

 

Na seguinte ligazón pódese acceder a máis información:

http://www.edu.xunta.es/espazoAbalar/nova/abalarmobil 

As instrucións para instalar e utilizar a aplicación "abalarMóbil" está nesta GUÍA PARA AS FAMILIAS.