Día da Paz

NOVAS

                                     -----------------

Corazóns que latexan ao unísono

cando a vida os golpea e os maltrata.

Corazóns que se senten sempre unidos,

na ledicia ou na dolor que os abafa.


Miradas que traspasan o tempo e o espazo

para estar co amigo que as agarda.

Miradas cómplices, que comparten todo,

e a cambio non esperan do outro nada.


Ter un amigo é ser dúas veces un.

É vivir dúas vidas dunha vegada.

Ter un amigo, amigo, ti o sabes,

é terte a ti.

Grazas!

             Pedro J. Rovira Magariños

             Mestre do Ceip O Grupo

DÍA DA PAZ 2011

O 28 DE XANEIRO

  CELEBRAMOS O DÍA DA PAZ 

  U-la paz?

Paz,

de nome tan curto e tan fermoso, 

por que gardas silencio?

Non ves acaso tantos nenos rebentados,

minas asasinas, horror humano?

Onde estabas cando esto sucedía?

Quen te acalou?

Quen te ten sometida ao seu engano?

Loita pola túa liberdade.

Libérate dos ferros que enfeitizan.

Volve a enxendrar unha nova primavera,

e non tardes, que este tempo non espera.

O mundo está orfo de bondade,

sen amor, sen futuro, ... desalmado.

Demorando o teu voltar, será xa tarde.

E a pouco que te vaias retrasando,

moitos homes morrerán.

Nenos felices e mulleres liberadas

só serán recordo do pasado.

A terra será tobo doutros seres

que nunca voltarán a ser humanos.

Ven.

                                                          Pedro J. Rovira Magariños

Preme na pomba para practicar a canción da Paz

NO CEIP O GRUPO CONMEMORAMOS O DÍA DA PAZ

O Venres 29 de Xaneiro de 2010 celebramos no noso cole o Día Internacional da Paz e da non violencia.

Logo de coordinarse os equipos de Extraescolares e Complementarias, o equipo de Normalización e os representantes dos diferentes ciclos acordaron realizar as seguyintes actividades.

  • Murais nos que os rapaces expresaban mensaxes cancións, lemas e ideas sobre a paz.
  • Elaboración de Globopombas en Infantil.
  • Acto multitudinario do centro no ximnasio no que cada ciclo de Infantil e primaria cantou cancións coa temática da conmemoración: Infantil: Canción "Amiguiños",  Primeiro ciclo: canción de Antonio Flores " No dudaría", Segundo ciclo:  Canción de Miguel Rios" Himno de Alegría" e 3º ciclo a canción de Luar na Lubre:" No Mundo".
  • Acto de Liberación da palabra Paz con globos de Helio. Esta actividade deixou marabillados aos rapaces. Mirade as imaxes do momento.
  • Mensaxe nunha Botella. O alumnado de segundo ciclo de primaria. elaborou diferentes mensaxes de Paz que meteu dentro dunha botella. O día 29 acudimos os alumnos de 2º ciclo ao porto para facer o acto de botadura. Os mestres Daniel e Loly Vidal nunha lancha da Cruz Vermella sairon das augas do Porto para botar as botellas en augas abertas.

...Saberemos a quen lle chegou?.

Clica para ver a Galería de Imaxes

TRABALLANDO O DÍA INTERNACIONAL DA PAZ E DA NON VIOLENCIA

TRABALLANDO O DÍA INTERNACIONAL DA PAZ E NON VIOLENCIA NO GRUPO

 No noso cole celebramos o día 30 de xaneiro o Día Internacional da Paz e non Violencia. Preparamos as seguintes actividades.

  • Para traballar na aula repartiuse nos ciclos un cartafol con material axeitado.
  • Actuación do famoso dúo Capitán Benito Souto e Grumeta Quilla coa obra ”Palabra de quenlla”, un novo conto mariñeiro.
  • Ao remate coreografía e canción grupal, a versión do artista Juanes “Paz”.

 

Clica para ver a galeria de imaxes

 

 

Distribuir contido