Skip to Content

Almorzo san!

Para conseguir alimentarnos de forma saúdable debemos coidar que os nosos hábitos alimentarios sexan os correctos. É fundamental proporcionar ao noso organismo os nutrintes que necesita e facelo de forma apropiada. Só así se consegue manter un óptimo estado de saúde.

 

O alumnado de segundo ciclo de primaria degustou no comedor escolar un almorzo equilibrado e san,  a base de pan, cereais, lácteos e froita. O obxectivo fundamental desta actividade é concienciar aos  alumnos/as  da importancia que ten realizar un bo almorzo para mellorar o rendemento escolar, físico e intelectual.

VER GALERÍA FOTOGRÁFICA

Aulas da Natureza 2010

A Consellería de Educación convoca axudas para participar no programa de integración Aulas da Natureza 2010, para o alumnado entre once e trece anos, no centro de programas educativos de Viérnoles, Torrelavega(Cantabria).

As aulas da Natureza cumpren unha función importante ao facilitarlles aos alumnos a posibilidade de realizar múltiples actividades de tipo formativo, cultural e deportivo.

VER ORDE DA CONVOCATORIA.

Inmersión lingüística 2010

A Consellería de Educación e Ordenación Universitaria convoca axudas par realizar actividades de inmersión lingüística durante o ano 2010.

As persoas que desexen optar á axuda deberán completar "en liña", a través da aplicación dispoñible desde a páxina web http://www.edu.xunta.es/axudasle, o formulario electrónico de solicitude, segundo o modelo do anexo I que corresponda en función do curso en que estean matriculados (só 6º curso en E.primaria)  e os anexos II, III e, de ser o caso, o anexo IV. (ver procedemento na Orde da convocatoria)

VER ORDE DA CONVOCATORIA.

Admisión curso 2010-2011

Admisión de alumnado para o curso 2010-2011 para os que acceden por primeira vez a un centro (infantil de 3 anos), por cambios de centro ou domicilio, etc.

A LEXISLACIÓN APLICABLE:

Decreto 30/2007, do 15 de marzo (DOG:16/03/2007)

Orde do 17 de marzo de 2007 (DOG: 19/03/2007). Corrección de erros (DOG: 04/04/2007).

Instruccións concretas que poida ditar a Consellería de Educación e O. Universitaria para o proceso de admisión, curso 2010-2011.

 

CALENDARIO DE ACTUACIÓNS SEGUN ORDE DO 17/02/2007.

1 de Marzo: Publicación no taboleiro e na web do centro das vacantes dispoñibles.

1 ao 31 de Marzo:

Presentación de solicitudes de admisión segundo Anexo II, acompañadas do DNI ou Libro de familia. Entrega en secretaría do centro.

Todas as solicitudes deberán contar coa data e selo de rexistro de entrada, devolvendo copias aos interesados/as.

Antes do 30 de Abril:

Reunión do Consello Escolar e publicación provisional de admitidos e non admitidos por curso (artigo 35º-1)

Prazo de presentación de reclamacións:cinco días hábiles.(artigo 35º-2)

Resolución de reclamacións cinco días hábiles (artigo 35º-3)

Publicación das listaxes definitivas. (artigo 36º)

FORMALIZACIÓN DE MATRÍCULA:

PRAZO: 20 A 30 DE XUÑO. Na secretaría do centro.

Os impresos necesarios para solicitude de admisión e matrícula pódense descargar desde o apartado secretaría/ impresos nesta web.

Para máis información:

Teléfono e fax: 982 12 88 48

 

Proxecto de xornada única

O resultado da consulta aos pais/nais de alumnos/as sobre o Proxecto de xornada única en sesión de mañá para o curso 2010-2011 é o seguinte:

Votaron  SI ao proxecto 140 familias.

Votaron NON ao proxecto 111 familias.

Votos en branco: 1

Votos nulos: 1

Total de votantes: 253

Porcentaxe de participación na consulta: 79,31%

Aínda que a maioría de familias votaron SI ao proxecto, non se consegue o 58% do censo total necesario para ser aprobado.

O Equipo Directivo agradece a tódalas familias a alto índice de participación nesta consulta.

Seguiremos a traballar co obxectivo firme de conseguir un ensino público de calidade.

Volta á Idade Media !

O venres, 12 de febreiro, conmemoramos no centro a FESTA DO ENTROIDO. O centro de interese é "A Idade Media". Gozaremos dun espectáculo acorde coa época do medievo. Unha divertida historia na que un ciruxán-barbeiro  nos mostrará e intentará vender o elixir máxico co que se poderán facer piruetas, malabares e maxia.

 

 

Contaremos con variados disfraces:

En infantil campesinos, xoglares, princesas, cabaleiros,..

No primeiro ciclo de primaria: bruxos/as, magos/as e peregríns

 

No segundo e terceiro ciclo: malabaristas, damas medievais, curas, monxes, trovadores, dragóns, ...

VER PROGRAMA

VER GALERÍA FOTOGRÁFICA DO ENTROIDO

Durante toda a xornada do venres, 12 de febreiro, en horario de 10:00 a 20:00 horas, terá lugar a consulta aos  pais/nais ou titores legais sobre o Proxecto de Xornada única en sesión de mañá a desenvolver no  curso 2010-2011. Rogamos que acudan a votar para manifestar a súa opinión sobre este proxecto.

Día mundial dos humedais!

Como cada 2 de febreiro celébrase en todo o mundo o Día dos Humedais, data que coincide coa firma do Convenio sobre os Humedais de Ramsar(1971).

Promovido pola Consellería do Medio Rural, Dirección Xeral da Conservación da Natureza, desenvolveuse no centro unha charla co alumnado de 6º curso de Educación primaria, referida aos diferentes tipos de humedais e espazos protexidos así como sobre a fauna e flora presente nos mesmos.

 

Día da Paz e Non Violencia !

Celebramos o Dia da Paz e Non violencia o día 29 de xaneiro no ximnasio do centro coa participación de todo o alumnado e profesorado.

Dous representantes do alumnado do terceiro ciclo fixeron unha pequena introdución explicando o significado desta conmemoración. Posteriormente, dous representantes de cada curso de primaria foron introducindo nun recipiente distintas letras e, o alumnado de infantil, fixo o propio con distintos símbolos de Paz.

Uns magos, despois de facer un conxuro, crearon a mensaxe PAZ NO MUNDO. Como música de fondo soaba a canción "Imagine" de John Lennon e rematamos cantando  todos xuntos a canción "Que viva a Paz e o Amor"

Lectura da paisaxe!

O xoves, 28 de xaneiro,de 10 a 11:30 e na Biblioteca do Centro, houbo unha charla baixo o título "Lectura da paisaxe" dirixida aos alumnos/as do terceiro ciclo (5º e 6º de Educación primaria).

Esta charla promovida pola Axenda 21 Escolar á que está acollido o noso colexio co Proxecto "Coñecer a Costa de Ribadeo" e moi ben dirixida polo profesor D. Francisco Castillo, serviunos -tanto a alumnos coma profesores- para interpretar mellor a paisaxe que veremos cando fagamos o percorrido das rotas pola costa de Ribadeo.

Certame de poesía infantil Nadal 2009

No  certame de poesía infantil Nadal 2009, convocado pola biblioteca municipal "El Viejo Pancho" de Ribadeo, resultaron premiados varios alumnos e alumnas do centro.

Na categoría A (ata 8 anos):

Inés Canto González ( 8 anos ) " NON DABA CHEGADO!".

Na categoría B (de 9 a 11 anos):

Uxía Fernández Díaz ( 9 anos ) " Bo Nadal !"

Miguel Casariego Cao (9 anos) " Onte soñei!"

Sofía Fernández Bermejo (9 anos) " O Nadal en Ribadeo!"

Os nosos parabéns para tódolos premiados e moita sorte no certame provincial.

 

Distribuir contido


by Dr. Radut