Servizos educativos

Pais/Nais

Profesorado

2º E. Primaria

REMATANDO O CURSO!

2º PRIMARIA – CEIP PLURILINGÜE GRAXAL

Tendo en conta que o curso xa está a finalizar, e o canso que se amosa o noso alumnado tras a situación vivida, propoñémosvos unha dinámica de traballo ao longo da xornada, máis flexible e centrada nun repaso dos contidos.Aquí tedes a nosa proposta de actividades, para a derradeira quincena. sempre orientativa e  flexible, que consiste nunha batería de fichas para que  fagades da maneira que vexades máis oportuna; pois o libro xa está rematado (se queredes podedes practicar ao longo do verán nas páxinas dos primeiros  temas, para lembrar a materia).

As FICHAS preséntanse todas seguidas, para que elixades unha CARILLA  de cada  un dos bloques dados .

Esperamos que vos axuden a rematar este estraño  curso. Vémonos na próxima videoconferencia!

SEMANA do 8 de Xuño

 

LUNS

MARTES

MÉRCORES

XOVES

 

LECTURA COMPRENSIVA

LECTURA COMPRENSIVA

LECTURA COMPRENSIVA

LECTURA COMPRENSIVA

 

REPASO DE LENGUA

REPASO DE LENGUA

REPASO DE LENGUA

REPASO DE LENGUA

 

REPASO DE MATEMÁTICAS

REPASO DE MATEMÁTICAS

REPASO DE MATEMÁTICAS

REPASO DE MATEMÁTICAS

 

ESCRIBO E CREO

ESCRIBO E CREO

ESCRIBO E CREO

ESCRIBO E CREO

 

FICHA DE PROBLEMAS

FICHA DE PROBLEMAS

FICHA DE PROBLEMAS

FICHA DE PROBLEMAS

 

FICHA DE ATENCÍON

FICHA DE ATENCÍON

FICHA DE ATENCÍON

FICHA DE ATENCÍON

 

FICHA DE RAZONAMIENTO

FICHA DE RAZONAMIENTO

FICHA DE RAZONAMIENTO

FICHA DE RAZONAMIENTO

 

FICHA DE MENORIA

FICHA DE MENORIA

FICHA DE MENORIA

FICHA DE MENORIA

O esquema repetiríase para a SEMANA do 15 de Xuño.

O venres, non  se propoñen tarefas, por se precisades recuperar traballiños que non vos dera tempo. Sabedes que podedes repasar xogando co ordenador no enlace de Anaya  Recursos interactivos:

https://sites.google.com/site/elprimerciclodeprimaria/recursos-interactivos-ed-anaya

Lembrade que sempre nos tedes a vosa disposición no correo:

segundodeprimariaceipgraxal@gmail.com

PROPOSTAS DE TAREFAS DO 3º TRIMESTRE

Deixámosvos as propostas de tarefas para o mes de maio. Preme AQUI

Non esquezades mirar nos outros Departamentos: o da Biblioteca, o de Múxica, o de Educación Física... onde sempre tedes novas  super divertidas e interesantes.

TAREFAS 2º QUINCENA

Aquí deixámosvos as suxestións de tarefas para esta segunda quincena do 3º trimestre. Preme AQUÍ

PROPOSTAS DE SEGUNDO PARA O 3º TRIMESTRE

Deixámosvos aquí tamén a proposta de actividades do 13 ao 24 de abril, por se  alguén non o ve no correo. Preme AQUÍ

REMATAMOS O 2º TRIMESTRE!!!

Ola familias, ata aquí o segundo trimestre máis raro que tivemos na vida e que oxalá non se volva repetir.

Agora empezan as vacacións de Semana Santa.

Que ironía, verdade?  Vacacións e na casa…, pero é o que nos toca. Por iso, neste tempo de lecer  aproveitaremos para facer actividades máis lúdicas, se vos parece: aprender a poñer a lavadora, tendela  roupa, coser un botón, limpar o po, eses debuxos para o concello, ese diario bonito, ese contiño inventado ,   ese video para librolandia  do voso conto favorito,… Recordade que temos enlaces a moitos   libros  na páxina da Biblio, non  podemos telos na man, pero si lelos e desfrútalos.

Para a volta destas “vacacións” xa temos preparadas as tarefas do terceiro trimestre, que teredes á vosa disposición no correo previo aviso no Abalar, uns días antes de que acabe este tempiño de descanso. E así,  seguir aprendendo entreténdonos ,  descubríndo que somos capaces de facer moitas cousas sen axuda e que, se precisades desa axuda, nós estamos moi cerca; só tedes que enviarnos un correo electrónico, e listo, amañarémolo!

 

Ánimo, coidádevosos moito, e aproveitade para estar coa familia; que esta situación non vai durar sempre!

Botámosvos moito de menos. Unha forte aperta das vosas titoras.

RECORDATORIO E NOVIDADES DE 2º

Ola  a todos e todas. Esperamos que esteades ben de saúde e como a situación se vai prolongando, queremos lembrarvos algunas cousiñas: 

-  Como ben sabedes as medidas establecidas con carácter xeral para todas as materias deste curso no que impartimos clase, consisten nunha serie de tarefas e suxestións de enlaces que poden ser interesantes (colgadas na páxina web do noso centro) para o repaso dos contidos traballados no que vai de curso. Co fin de que os vosos  fillos estean entretidos, cunha rutina diaria con tarefas escolares que poidan realizar dunha maneira autónoma. 

- Non queremos ser estritas co horario e, por iso,  deixámosvos flexibilidade. Tedes o horario de clase como referencia e, como o libro PIEZAS está globalizado, podedes repartir vós as tarefas diarias como vexades máis adecuado; en función da vosa vida familiar ( o número de páxinas que fagan é indiferente, pois o obxectivo non é avanzar nos contidos, senón reforzar, entreter e mitigar este tempo de confinamento). 

 - As titoras de 2º temos  habilitado un enderezo electrónico (segundodeprimariaceipgraxal@gmail.com) co fin de que poidades poñervos en contacto connosco  para o que precisedes:  non só aspectos curriculares, senón tamén no canto das emocións dos vosos fillos e fillas.

   - Se pensades que non teñen traballo dabondo , e alguén o precisa ,  subimos hoxe o enlace a tres caderniños de Santillana, que se queredes poderedes imprimir, ou simplemente, tomalos como modelos de exercicios…

Os cadernos do 2º trimestre:

- de Lengua 2º Saber Hacer Contigo

 - de Lingua 2 º Saber Facer Contigo

 - de Matemáticas 2º Saber Hacer Contigo

 E un enlace aberto aos libros de VicensVives:

https://www.vicensvives.com/vvweb/view/pages/p01/load.php?id=2786&lang=es

 

Que, para quen o necesite,se  poden distribuir facendo 2 páxinas de cada un, ao día; se lle vai ben. Sen descartar diarios, contos…ou outras creacións dos vosos artistas!!

Non esquezades que, a nivel centro na páxina do cole, estanse a subir actividades na Biblioteca Escolar(Librolandia) ou no Blog de Educación Física.

Lembrarvos, que a avaliación do segundo trimestre, está limitada ao feito nas aulas antes do Estado de Alerta, como se recolle na páxina da Xunta

 

 

 Dende o Departamento de Orientación, nos chega un aviso dos Servicios Sociais de Cambre para poder axudar as familias que se atopen en situación delicadas precisan que vos poñades  en contacto con nós, ou directamente con eles.

 

Aquí nos tedes,á espera de novas indicacións por parte da Consellería de Educación da Xunta e, sempre ao voso servicio. NON ESTAMOS DE VACACIÓNS.

Xogamos co libro?

Se queredes seguir a practicar os coñecementos do libro, deixámosvos unha paxina interactiva para aprender xogando. Entra en internet e escribe: Anaya interactiva 2º primaria, aí tendes unha chea de retos de todas as áreas para seguir entretidos neste encerro.

Pasadeo ben xogando!!! 

Podemos axudarte?

Se precisas axuda, algunha aclaración ou simplemente queres falar coa túa titora, podes localizarnos no seguinte enderezo electrónico:

segundodeprimariaceipgraxal@gmail.com

Lembrade traballar tódolos días un pouquiño nas tarefas que vos dixemos, ler moito e xogar en familia.

Xuntos, e na casiña, pronto venceremos a este bicho!!!

Unha forte aperta das vosas titoras que vos botan de menos.

Juega en Familia

Marco Topo é unha páxina onde poderedes descubrir, moitas actividades lúdicas relacionadas co Mundo.

https://marcotopo.com/

O código que hai que introducir é: COVID19

Un saúdo das vosas titoras, e moito ánimo para afrontar esta situación precisamos de moita paciencia e civismo.

RECOMENDACIÓNS PARA 2º POLA SUSPENSIÓN DAS CLASES

Por mor desta siuación que estamos a vivir; propoñemos unhas series de tarefas para facer,  voluntariamente, os vosos fillos e fillas nestes días de encerro.

- Poden rematar o libro de Piezas do 2º trimestre.

- Caderno de Língua,  ata o tema 8.

- Plan de escritura, na súa totalidade.

- Repasar os contidos traballados en cálculo (sumas e restas con levadas, as táboas traballadas, cálculo mental...), para non esquecer os algoritmos traballados.

- Ler 

- Xogar en familia.

 

Seguiremos informando por esta canle, na medida na que a administración nos informe, de calquera novidade.

Moitas grazas polo voso  esforzo ante unha situación de tal calibre. 

Un saúdo, as titoras de 2º.