Servizos educativos

Pais/Nais

Liñas educativas e notas de identidade

O noso ideario

 

LIÑAS EDUCATIVAS

 

As  liñas prioritarias a ter en conta no noso labor educativo son as seguintes:

  • O respecto polo noso colexio: edificio, instalacións , materiais…; o respecto cara os demais:compañeiros, mestres… Aprender a escoitar.

  •  Promover unha actitude crítica ante o consumo e desenvolver hábitos alimenticios correctos, evitando golosinas, dulces… e iniciando ós alumnos do último ciclo na prevención de drogodependencias.

  •  Educar para un bo uso do ocio e do tempo de lecer. Fomentar actividades deportivas, lecturas, música…

  •  Potenciar a autonomía en todas as aprendizaxes. Maior responsabilidade na realización das tarefas escolares. Fomentar a autoestima.

  •  Conseguir que os alumnos adquiran unha mellor lectura comprensiva, básica para calquera aprendizaxe posterior. Relacionar as noticias e acontecementos de actualidade cunha analise crítica.

  •  Unha maior axilidade mental posible no cálculo, operacións e resolución de problemas aplicables á realidade.

  •  Conseguir que o alumnado coñeza a súa localidade e comunidade.

  •  Educar para fomentar a participación e responsabilidade en todas as actuacións persoais e colectivas.

  •  Favorecer e potenciar a interculturalidade.

  •  Fomentar a educación para a paz e a tolerancia.

 

 

NOTAS DE IDENTIDADE DO CENTRO

 

O noso centro pertence a rede de centros do ensino público da nosa comunidade.

Concebimos a educación como un servicio á sociedade e queremos que sexa unha escola aberta ás demandas sociais  e culturais do barrio e do seu contorno.

  •   Modelo Lingüístico de aprendizaxe.

 Dadas as caraterísticas lingüísticas dos nenos que acceden ó centro , na etapa de Educación Infantil o ensino desenvolverase maioritariamente en lingua castelá introducindo paulatina e progresivamentes o galego de forma oral. No primeiro ciclo de Educación Primaria introduciranse en galego as áreas de Coñecemento do Medio, Educación Musical e Educación Física. No segundo e terceiro ciclos impartirase en galego Coñecemento do medio, Educación Musical, Educación Física e Artística.

Con obxecto de contribuir á normalización lingüística do galego procurarase que esta sexa cada vez máis a lingua ambiental,  e da ensinanza no ámbito escolar.

Ao finalizar a escolaridade os alumnos terán un correcto dominio oral e escrito das dúas linguas oficiais: galego e castelán.

  • Formación integral.

 Os alumnos recibirán unha educación integral, adquisición de coñecementos, habilidades e desenvolvemento das capacidades que o preparen para o  futuro ; xunto a unha educación en valores como a dignidade da persoa, a liberdade, a igualdade de todos, o respecto e a tolerancia, os dereitos humanos e o respecto polo mundo en que vivimos.

  •  Respecto pola diversidade.

 Atenderase á diversidade do alumnado, tratando de adecuar os procesos de ensinanza-aprendizaxe ás necesidades individuais.

Fomentarase a interculturalidade. Potenciarase a creación de actitudes positivas de convivencia nun marco de respecto ós demais.

Educarase nos principios de paz, cooperación e solidaridade para construir unha sociedade que viva en armonía.

  •  Respecto polo medio ambiente.

 Inculcarase ós alumnos o respecto e coidado da natureza, empezando polo noso entorno máis cercano.

  •  Traballo en colaboración do profesorado.

 Fomentarase o traballo en equipo do profesorado , procurando que todas as actividades estean coordinadas e que a toma de decisións sexa  en equipo.

  •   Liña metodolóxica.

 No centro seguiremos unha ensinanza activa e participativa que conduza ós alumnos a unha auténtica aprendizaxe significativa, de maneira que toda actividade parte do coñecemento previo do alumno para chegar, a través da investigación a novos coñecementos que lle axuden a defenderse no medio.

A actuación educativa fomentará a reflexión, o sentido crítico, o interés polo saber e o esforzo persoal.

O profesorado manterá unha actitude aberta ás innovacións (tecnoloxías) e ós cambios que parten dos distintos ámbitos da sociedade.

  • Participación e colaboración de toda a Comunidade Educativa.

 Entendemos que o proceso educativo basease na colaboración entre a familia e os mestres, polo que  debemos manter unha estreita  e permanente colaboración para  alcanzar os obxectivos propostos.

 O centro potenciará procesos de participación e colaboración dos diversos membros da comunidade educativa e institucións do entorno

  • Modelo de xestión.

Con independencia do establecido na normativa vixente, a xestión do centro basearase no principio de participación democrática, propiciando a colaboración, a aportación de iniciativas e propostas, e repartindo responsabilidades entre os membros da comunidade educativa.

O goberno e xestión do centro serán transparentes e estarán abertos á participación do Consello Escolar, Claustro de Profesores e outras institucións.