Servizos educativos

Pais/Nais

4º 5º 6º Ed.Primaria

Contacontos e teatro de títeres na Biblioteca polos alumnos de 5º

 

O venres, día 28 de marzo, todos os alumnos que quixeron puideron disfrutar dunha sesión de contacontos impartida polos alumnos de 5º B. Contaron  o conto " A casa da mosca chosca".

Despois, os alumnos de 5º A representaron a obra de títeres " O gato con bata". 

Tódolos alumnos do centro pasárono xenial. Próximamente teñen previsto outras actividades de contacontos e teatro na biblioteca.

 

 

Visita do escritor Gonzalo Moure

O martes, día 1 de abril, visitounos Gonzalo Moure, autor de corenta libros, entre eles o de "Palabras de Caramelo", que limos recentemente os nenos e nenas de 5º curso de Primaria e gustounos moitísimo. A súa charla foi moi entretida e emocionounos moitísimo falándonos do seu antigo can ou do Sahara, terra á que ama e que visita frecuentemente. Eiquí tedes un vídeo con fotografías do seu encontro connosco.

Obradoiro de reciclaxe 5º Primaria

Obradoiro de reciclaxe impartido por monitoras do Consorcio de As Mariñas nas aulas de 5º de Primaria e 6º A.

A poetisa Eli Ríos coas nenas e nenos de 5º curso.

A poetisa Eli Ríos, nai da nosa compañeira Laura Esclusa, acudiu á nosa clase para impartir un obradoiro de poesía a todos os alumnos de 5º curso de Primaria. Falounos da poesía e do seu novo libro "Maria", inspìrado no personaxe histórico de María Soliña.

Logo, entre todos, fixemos unha poesía. E, para rematar, respostou ás nosas preguntas.