RESERVA COMEDOR/TRANSPORTE 2021-22

O alumnado usuario dos servizos de transporte e comedor no curso actual 2020-21, deberán facer a reserva para o curso próximo 2021-22.

  1. Para realizala deberán seguir os seguintes pasos:
  2. Imprimir e cubrir a solicitude de reserva (podedes descargala no enlace de abaixo).
  3. Adxuntar o documento acreditativo de incompatibilidade horaria de traballo para facer a baremación en caso de ser necesario.
  4. Presentar ambos documentos no centro en horario de secretaría entre o 24 de maio e o 4 de xuño (ambos inclusive).

A non presentación de dita reserva considerarase como renuncia ao servizo.

Para descargar o modelo de solicitude, premede na seguinte imaxe: