Robótica e programación no noso cole

A robótica e programación trabállase no colexio en diferentes ámbitos. Por unha banda en Educación Infantil as nosas nenas e nenos desenvolven proxectos máis sinxelos mentres que en Educación Primaria estes proxectos se complican un pouco máis pero disfrutando profesorado e alumnado deste novo mundo educativo.

Por outro lado, dende a ANPA ofertouse esta actividade como actividade extraescolar cunha gran aceptación e éxito entre o noso alumnado.

A semana da música no C.E.I.P. García Barbón

O día 22 de novembro celébrase no mundo enteiro Santa Cecilia, patroa da música. No ano 1594, o papa Gregorio XIII a nomeou patroa dos músicos, e así segue sendo ata hoxe. 

No noso cole non só o celebramos un día, senon que lle dedicamos toda unha semana. Os alumnos e alumnas de conservatorio tocan os seus instrumentos no cole (ata 15 diferentes) para motivar aos demais e superar a súa timidez para tocar en grupo.

Os pequerrechos de 1º e 2º de primaria aportaron varios e diferentes instrumentos inventados por eles mesmos coa axuda das familias.

Nas clases de música foi un día moi especial xa que cada persoa cantou as súas cancións preferidas, bailou, tocou o seu instrumento favorito que temos dentro da aula, etc.

Moitas grazas á profe de música Fran e a toda a comunidade educativa por participar neste proxecto educativo chamado "A semana da música".

 

 

O CEIP García Barbón presente no festival de cine OUFF de Ourense 2017

As mestras Filo Manzano e Julia Pérez foron convidadas a participar no certame de cinema OUFF de Ourense 2017, coa sua curta de animación "A GALIÑA AZUL".

Esta magnífica  curta foi realizada polo alumnado de 4 anos e 4º de E Primaria no curso 2016/2017.

O festival celebrouse na cidade das Burgas do 20 ao 27 de outubro cunha grande aceptación tanto de público coma de crítica.  http://www.ouff.org/gl/

 

A continuación podedes ver está fantástica curta.

https://vimeo.com/215068776

Depoemprende na escola 2017/2018

O noso centro participará por primeira vez no proxecto educativo da deputación de Pontevedra "Depoemprende na escola" durante este curso 2017/2018.

As aulas de 5ºA e 5ºB deberán crear unha cooperativa escolar e vender os seus produtos nun mercado local.

Deste xeito o CEIP García Barbón convertirase nunha escola emprendedora.

Máis información na páxina web: https://www.depo.es/es/depoemprende-na-escola

Biblioteca

Dinamización Lingüística

Eventos

« Decembro 2017 »
LunMarMérXovVenSábDom
123
45678910
11121314151617
18192021222324
25262728293031

Iniciar sesión