saída

SAÍDA DE FIN DE CURSO

O día 30 de maio fixemos unha saída para celebrar o remate do curso e fomos ao campo de Golf de Vilela (Baldaio).
Xogamos a distintas actividades, entre elas: paintball, tiro con arco, carreiras de orientación, iniciación ao golf e a tirolina. Os profes tiñan medo  de tirarse na tirolina  e algúns rapaces tamén.
Pola mañá participamos en dúas actividades, logo comemos, tomamos un xeado e pola tarde fixemos tres actividades máis. Cando estabamos comendo vimos un señor practicando golf, a verdade é que o facía moi ben.
Cando marchamos tivemos que subir unha costa moi grande e estabamos tan cansos que nos custou moito chegar ao bus. Facía unha calor tremenda!
Ao chegar ao colexio estábannos esperando os nosos pais e fómonos con eles.

Powered by Drupal - Design by artinet