Skip to Content

6º de Educación Primaria

6º de Educación Primaria

O CEIP A GANDARA CONTRA O ACOSO ESCOLAR

O DÍA 2 DE MAIO CONMEMÓRASE O DÍA CONTRA O ACOSO ESCOLAR. 

Dendo o CEIP A GÁNDARA o alumnado do 3º ciclo participou nuns obradoiros contra o Acoso Escolar e tamén participaron nun concurso de fotografía para concienciar sobre o acoso escolar. 

O alumnado de 6º B resultou premiado como fotografía seleccionada para protagonizar e promover os obradoiros fronte o acoso escolar do vindeiro curso. 

PARABÉNS para o noso alumnado. 

Sen dúbida foi unha alegría recibir este recoñecemento e ter a visita da nosa alcaldesa Marian Ferreiro e da nosa concelleira de Educación Mercedes Taibo. Fixéronnos entrega duns libros relacionados coa temática, un altavoz e un punteiro láser que sen dúbida axudarán a continuar motivados nesta loita que é de todos/as. 

 

Moitas grazas ao Concello de Narón pola iniciativa e ao noso alumnado e profesorado polo seu bo facer. 

Deixamos aquí unhas imaxes do día de hoxe e un enlace á páxina do concello por se queredes botar unha ollada. 

CEIP A GÁNDARA - CONCELLO DE NARÓN

 

 

 

e esta foi a nosa imaxe GAÑADORA:

 

COMEZAMOS UN NOVO CURSO ESCOLAR EN PANDEMIA

Para o alumnado de 6º de E. Primaria que comeza a súa derradeira etapa no CEIP A Gándara.

Cando rematedes iredes ao instituto. Moita sorte neste novo curso. Agardamos que o comecedes con ilusión e con ganas de aprender moitas cousas.

Estamos desexando vervos. Estes son os murais que vos recibirán mañá.  6ºB

cartel 6ºº A

Graduación de 6º de Infantil e 6º de Primaria

Aquí está o enlace ao vídeo da Graduación do alumnado de 6º de Infantil ( qué maiores son, que xa se nos van a Primaria)

https://youtu.be/5OJHtLE2jYc

E tamén o da Graduación de 6º de Primaria, que agora xa nos deixan para iniciar un novo camiño en Secundaria. Moita sorte a todos e a todas!

https://youtu.be/cLqdW0HKRbY

Felicitacións de Nadal do Alumnado de 6º EP

Boa tarde!

Dende o CEIP A Gándara, gustaríanos desexarvos "Bo Nadal e Próspero ano 2021", os nosos maiores de 6º EP, non perderon a súa oportunidade de facelo dun modo moi singular e divertido...

 

Convidámosvos a velos na aula virtual nos cursos de "Vídeos 6ºA e vídeos 6ºB".

 

Non perdades a oportunidade de desfrutar do magnífico traballo realizado por estes actores e actrices que temos!!

Actuación 6º B

Para animar este Nadal tan estraño...

Actividades para o ALUMNADO DE APOIO en matemáticas 12_06_2020

Bo día alumnos! 

Aquí tedes as actividades de matemáticas planeadas para o 12/06/2020. Hoxe xa acabamos as actividades por este curso así que xa podedes descansar e desfrutar das tan ansiadas vacacións! 

Unha aperta moi forte e que as desfrutedes moito! 

Xulio.

FOTOS ORLA

Hai alumnos e alumnas que aínda non nos enviaron as fotos para a orla. A ver se podedes envialas entre hoxe e o venres. Non vos esquezades.

Distribuir contido


by Dr. Radut