Skip to Content

Rúa Colmeote s/n
15570 Narón
Teléfono: 881938386
ceip.gandara.naron@edu.xunta.gal

3º de Educación Primaria

3º de Educación Primaria

SAÚDOS

E isto foi todo rapaces e rapazas. Traballastes como campións e campionas e merecedes un bo descanso, agora que estamos a piques de empezar o verán. Este ano comeza antes, pois xa cumplistes con todo o relativo ao colexio. Agora só queda que desconectedes e disfrutedes todo o que poidades. Unha aperta moi grande das vosas profes, Elena e Lola.

Abaixo tedes o solucionario do último día, 12 de xuño.

 

SOLUCIONARIO DO VENRES, 12 DE XUÑO

TAREFAS DO VENRES, 12 DE XUÑO

Actividades para o ALUMNADO DE APOIO en matemáticas 12_06_2020

Bo día alumnos! 

Aquí tedes as solucións dos enigmas matemáticos que tanto vos gustan. Hoxe xa acabamos as actividades por este curso así que xa podedes descansar e desfrutar das tan ansiadas vacacións! 

Unha aperta moi forte e que as desfrutedes moito! 

Xulio.

TAREFAS DO MÉRCORES, 10 DE XUÑO

Actividades para o ALUMNADO DE APOIO en matemáticas 08_06_2020

Bos días alumn@s ¿que tal levades o final do curso? Xa non vos queda nada para poder descansar e ter vacacións!

Esta semana vouvos pedir que me enviedes un correo escribíndome como vos foi ata agora coas actividades de mates:

- ¿En que tivestes máis dificultades ou que tarefas vos pareceron máis difíciles?

- ¿Que actividades vos gustaron máis ou foron máis doadas para vós?

-¿Que cambiariades para mellorar a ensinanza das matemáticas se tivéramos que seguir traballando de forma telemática?

 

Tamén podedes axuntar algunhas fotos ou documentos para que poida ver todo o que traballastes durante este trimestre (non fai falla enviar todo), igualmente é importante que mo enviedes antes deste xoves día 11. Este é o meu correo: pedagoxiaterapeutica22@gmail.com .

 

E aquí vos deixo as actividades e xogos de mates desta semana.

Moito ánimo que xa pronto acabamos o curso!

Unha forte aperta!

Xulio.

3ºB INGLÉS SEMANA 8-12 JUNIO

TAREFAS DO LUNS, 8 DE XUÑO

Hola guapetones e guapetonas!!!! Xa vai quedando menos para rematar o curso e sabemos que traballastes moito e moi ben. Esta semana imos seguir un pouquiño máis, pero ben relaxados, como lles dixemos aos vosos pais. Queremos que disfrutedes saíndo a dar paseos e a xogar que... PASAMOS Á FASE 3!!!!!! E iso quere dicir que xa temos máis sitios abertos para poder divertirnos!!!! Así que a disfrutar de todo o que poidades e ide facendo as tarefas pouquiño a pouco, sen prisas, vale? 

Unha aperta moi grande das vosas profes

ELENA E LOLA

 

VÍDEOS SOCIAIS

https://www.youtube.com/watch?v=icttaUwZAcU

https://www.youtube.com/watch?v=R7roM6KWN7M

Distribuir contido


by Dr. Radut