Skip to Content

Rúa Colmeote s/n
15570 Narón
Teléfono: 881938386
ceip.gandara.naron@edu.xunta.gal

1º de Educación Primaria

1º de Educación Primaria

actividades para casa 1ª B

Estimadas familias,

Propoño realizar esta actividade de Lengua Castellana ao longo destas dúas semanas.

Espero que o confinamento sexa levadeiro e remate pronto.

Un saúdo.

Mercedes

VÍDEO RESUMO NADAL 1º A EP

O alumnado de 1º A de educación primaria ten o pracer de presentarvos o vídeo resumo destas últimas datas previas ao Nadal. Esperamos que sexa do voso agrado e despedímonos ata o ano que vén. Felices festas a tod@s!

https://www.youtube.com/embed/LvWz5UTHmWY

 

 

COMEZAMOS UNHA NOVA ETAPA

 

Comezamos esta etapa de educación primaria con moitas dúbidas, medos, inquedanzas, expectación... por saber como sería o novo curso? como sería a nosa profe? como traballariamos? teríamos xoguetes? sería difícil o curso? E, por fin, chegou o día. 

Ao principio tivemos unha profe chamada Goretti que estaría con nós uns días ata que se incorporase a nosa profe Ana. Durante este tempo aprendemos algunhas cousas e fixemos resumo das nosas vacacións. Tamén foi un tempo para coñecernos máis e dar a benvida ao noso novo compañeiro Martín. 

Logo comezou a profe Ana e tivemos que adaptarnos a unha nova forma de traballo e o primeiro que tivemos que aceptar foron as normas de aula e de convivencia no centro. Comprendemos que é moi importante respectarnos os uns aos outros para que poidamos aprender e pasalo ben na escola. Aínda podemos mellorar, pero xa o facemos moi ben. 

Pois ben, durante este trimestre aprendemos moooooitas cousas: números, sumas e restas, resolver problemas, formas xeométricas, ler, escribir, normas de ortografía, escribir listas, moito vocabulario en galego grazas as actividades do cole pero o que máis nos chifla son os "Pasapalabra" dos venres con todo o aprendido durante a semana. Aprendemos partes do cole e da casa, algunhas profesións relacionadas con estes lugares e somos uns expert@s en animais pero aínda seguiremos investigando que nos quedan moitas preguntas por resolver.

Pero máis importante aínda...Aprendemos a falar na clase cando é a nosa quenda e a respectar as opinións e intervencións dos demais (aínda que, en ocasións, precisamos un recordatorio da profe). Tamén, que temos que ser bos compañeiros e ser solidarios cos demais, a non deixar a ninguén atrás e procurar que TODOS poidamos aprender moito e continuar avanzando xuntos.

Como a profe Ana estivo maliña un tempo, tivemos a oportunidade de coñecer á profe Patri que foi moi boa con nós e traballamos moito con ela. Sempre teremos un bo recordo dela porque deunos a cada un de nós, un lapis moi bonitiño con goma incluída. VAIA SORTE TEMOS!

Tamén neste tempo realizamos actividades chulas como foi a celebración do Samaín que aproveitamos para disfrazarnos o máis terrorificamente posible, decorar as nosas cabazas e zampar unhas ricas castañas. Velaquí tendes algunha mostra:

       SAMAIN 1º A 19-20

 

Queremos compartir tamén unha pequena mostra de como nos iniciamos na investigación en grupo. Cada neno ou nena que tivera na casa un libro de animais podería traelo á escola para poder buscar a información necesaria e iamos completando as fichas de investigación: tipo de animal, características, que come?, onde vive?, curiosidades, etc.

Cando tiñamos toda a información fixemos a clasificación dos animais segundo o grupo (mamífero, anfibios, réptiles, aves e peixes) o hábitat (selva, granxa, deserto, tundra, sabana, bosques, mares, ríos...) e a alimentación (carnívoros, herbívoros, omnívoro).

Mirade que guapiñ@s estamos nestas fotos:

Investigando animais 1º A 19-20

 Clasificación animais 1º A 19-20

 

Aínda nos queda pasar un bo día entre todos no festival de Nadal e logo tócanos descansar un pouquiño para coller forzas e continuar nesta nova experiencia na etapa de Primaria.

Polo pronto despedímonos cunha aperta enorme de grande. 

 

 Alumnado de 1º A de Ed. Primaria 

 

Distribuir contido


by Dr. Radut