Skip to Content

Rúa Colmeote s/n
15570 Narón
Teléfono: 881938386
ceip.gandara.naron@edu.xunta.gal

PT 2

Proba 1

Alumnado con TDAH

Antes de describir algunhas pautas familiares para a actuación co noso fill@ con Trastorno por Déficit de Atención con/sen Hiperactividade (TDAH) imos a definilo seguindo o exposto no DSM-V:

 

Patrón persistente de inatención e/ou hiperactividade – impulsividade que interfire negativamente no funcionamento ou desenvolvemento.

 

Podemos diferenciar 3 tipos de alumnos con TDAH:

 

  • Predominantemente inatentos.

 

  • Predominantemente hiperactivos/impulsivos.

 

  • Presentación combinada.

 

Algúns dos síntomas de inatención ou hiperactivo-impulsivos están presentes antes dos 12 anos, están presentes en 2 o máis contextos e existen probas claras de que interfiren co funcionamento social, académico ou laboral, ou reducen a calidade dos mesmos. Os síntomas non se producen durante o curso da esquizofrenia ou outros trastornos psicóticos nin se explican por outro trastorno mental.

 

Para a correcta actuación familiar cos nen@s con TDHA deberemos seguir diferentes pautas:

 

PAUTAS FAMILIARES PARA O ALUMNADO CON TDAH

-         

Ter normas claras e ben definidas.

-         

Cumprir sempre os castigos e recompensas que lle indicamos (moi importante esta pauta).

-         

Darlle instruccións cortas e de unha en unha e nunca berrarlle.

-         

Proporcionarlle un ambiente ordenado, organizado e sereno.

-         

Recoñecer sempre os seus esforzos.

-         

Evitar ser “sobreprotectores” con el/ela e non ceder ante os seus caprichos.

-         

Darlle pequenas responsabilidades.

-         

Aceptal@ tal e como é.

-         

Fomentar os seus puntos fortes.

-         

Ofrecerlle numerosas mostras de afecto e aceptación.

 

 

Por último pero non menos importante, quero recordar certos aspectos moi a ter en conta sobre o TDAH.

 

É de vital importancia que teñamos presente que estes nen@s, debido ás características do TDAH, teñen dificultades para respectar as normas, comportarse, expresar adecuadamente as súas emocións... dando a falsa sensación de que son irrespetuosos ou inmaduros. Non podemos pensar que ese comportamento é algo que fan “a propósito” ou “por molestar”, debemos entender que é unha consecuencia do TDAH e que nós, como adultos, debemos comprendelo e prestarlle sempre a axuda necesaria para que poida superar as dificultades que lle ocasiona.

 

Un erro moi grave que se pode cometer con estes nen@s é xuzgalos inxustamente, posto que moitas veces se lles di: “es malo”, “iso non se fai así”,  xulgándoos e valorándoos como persoas. A actitude correcta é axudarlles construtivamente e ofrecerlles os apoios para poder resolver as situacións o máis satisfactoriamente posible.

 

Estes rapaces e rapazas vense moitas veces superados por esixencias sociais difíciles de cumprir polas características do seu TDAH, polo que poden ter problemas emocionais asociados como ansiedade e estrés que non son causados directamente polo trastorno, se non polas demandas que lles esixe a escola ou as súas familias.

 

Polo tanto, máis que esixirlles un rendemento escolar elevado ou unha conduta impecable, debemos ofrecerlles as axudas adecuadas. Para apoiar adecuadamente ao noso fillo con TDAH non podemos perder de vista tres aspectos:

 

1. Coidar a súa autoestima: con reforzos positivos e constantes, evitando o exceso de críticas e comparalo cos demais, non berrarlle e falarlle con suavidade.

 

2. Organizarlle as súas tarefas e actividades: axudándolle a planificar, organizar e estruturar o seu traballo sen esquecer que deberá adquirir hábitos e rutinas que lle permitan ser máis autónomo.

 

3. Axudarlle a autocontrolarse: ensinándolle técnicas de relaxación, a darse autoinstruccións (intrucións que se dá un a si mesmo para regular a súa conduta), premiando os seus esforzos e avances, etc.

 

Recordemos que as súas dificultades e comportamentos non son así porque “non queren” controlarse, se non porque “non poden”. En consecuencia, como docentes e como pais, sexamos conscientes e comprensivos da súa situación e ofrezámoslles as axudas que lles permitan mellorar a súa calidade de vida e adaptarse ao medio social o mellor posible. 

 

Cunha detección temperá e unha intervención eficaz haberá unha boa evolución e prognóstico nos nenos con TDAH, posto que algúns aprendendo estratexias para manexarse na vida social, académica, familiar e persoal xa non precisan tratamento de ningún tipo, pois están perfectamente adaptados ao seu entorno.

 

 

 

Recomendacións para evitar a fatiga visual durante a corentena

     Tanto tempo en corentena seguramente faga que moitos de nosoutros esteamos sufrindo o que se denomina “fatiga visual”, un conxunto de molestias que afectan ao noso ollo e que se producen por utilizar moito a visión próxima (mirando o ordenador, lendo, escribindo...).

Algunhas destas molestias poden ser sequidade, lagrimexo e envermellamento dos ollos, visión borrosa, dificultade para enfocar, dor de cabeza...

Primeiro indicar que a vista non se “gasta”, pero iso non evita que teñamos que seguir unhas pautas de hixiene visual que nos axuden a coidar e relaxar os nosos ollos.

Tamén recordade que tras a corentena é posible que teñamos o que se denomina “exceso de acomodación”, que tamén se chama “falsa miopía”. Pero podemos estar tranquilos, posto que é unha visión borrosa que mellora limitando o esforzo visual de cerca (cousa que non sucederá coa miopía, que non se pode corrixir sen o uso de gafas ou lentes de contacto). Tédeo en conta se revisades a vosa visión xusto despois de saír do período de corentena.

Agora déixovos aquí unhas pautas para evitar o que viña comentando antes, a fatiga visual, e que espero que sigades e que vos sexan de utilidade.

 

 Foto de Jackson Hunter en Pexels

 

PAUTAS PARA EVITAR A FATIGA VISUAL

1. Pauta de 20:20, descansar 20 segundos a vista por cada 20 minutos de traballo de cerca.

 

2. Alternar a vista entre un obxecto distante e outro próximo varias veces durante 10 segundos. Este exercicio relaxa os músculos oculares.

 

3. Tapar os ollos coas palmas das mans, sen efectuar presión. Ao haber escuridade e facer que ollo non reciba estímulos fai que este descanse.

 

4. Cerrar os ollos e mover varias veces os globos oculares en tódolos sentidos.

 

5. Cada certo tempo, pestanexar conscientemente, de maneira pausada.

 

6. Realizar unha breve masaxe, apertando lixeiramente cos dedos e cun movemento circular os laterais do nacemento do nariz, encima das cellas, na parte das cellas, por debaixo dos extremos exteriores das cellas, as sens e a parte superior dos pómulos.

 

7. Distancia visual: para evitar a fatiga visual debemos manter unha distancia entre 45 e 75 cm cando traballemos diante dun libro, pantalla, teclado, etc.

 

 

Referencias: Real Decreto 488/1997, de 14 de abril, sobre disposiciones mínimas de seguridad y salud relativas al trabajo con equipos que incluyen pantallas de visualización.

 

 

 

 

¿Que podemos facer para levar o mellor posible esta corentena?

CONTROLA AS EMOCIÓNS

1. Recoñece as túas emocións: identifica as túas emocións e intenta non alimentar nin deixarte levar por emocións negativas.

2. Comparte como te sentes con persoas cos teus familiares ou amigos.

3. Utiliza técnicas de respiración e relaxación para relaxarte. Exemplo: a técnica da relaxación muscular progresiva de Jacobson (adxuntoa ao final deste post), a meditación (https://www.youtube.com/watch?v=oeXs3VrzhWA), realizar exercicio físico…

 

ESTABLECE UNHA RUTINA

1. Elabora un horario co que queiras facer cada día e intenta mantelo.

2. Incorpora nese horario momentos de ocio, de descanso e de creatividade.

3. Axuda e comparte o teu tempo coas persoas que te rodean.

 

CÓIDATE

1. Mantén rutinas de hixiene, alimentación e descanso.

2. Realiza actividade física diaria, isto rebaixará a tensión e o estrés e axuda a relaxarte mellorando o teu benestar xeral. Exemplo: correr sen moverse do sitio, exercicios realizados nunha esterilla, estiramentos... (recorda antes facer un pequeno quencemento e ao rematar estiramentos para evitar lesións).

 

DESCONECTA

1. Evita a sobreexposición á información sobre o Covid-19.  

2. Procura falar doutros temas e facer cousas que che gusten.

 

MANTÉN O CONTACTO SOCIAL

1. Fala con amigos e familiares a través do teléfono e das videochamadas.

2. Coida de ti e coida dos demais.

 

 

Recursos de interese:

-Libros de lectura gratuítos e por idades: https://weeblebooks.com/es/home/   https://elestudiantedigital.com/libros-en-pdf-para-ninos/

 

- Museos con tours virtuais:

Museo del prado (museodelprado.es), Pinacoteca de Brera, de Milán (pinacotecabrera.org), Galería de los Uffizi, de Florencia (uffizi.it/mostre-virtuali), Museos Vaticanos, de Roma (museivaticani.va/content/museivaticani/it/collezioni/catalogo-online), Museo Arqueológico de Atenas (namuseum.gr/en/collections), Museo del Louvre, de París (louvre.fr/en/visites-en-ligne), British Museum, de Londres (britishmuseum.org/collection), Metropolitan Museum, de New York (artsandculture.google.com/explore) y National Gallery of Art, de Washington (nga.gov/index.html).

- Proxectos de televisión: “EduClan”, “Aprendemos en casa”.

-Documentais: https://www.rtve.es/alacarta/documentales/#naturaleza

-Xogos e actividades: https://psicologiaymente.com/desarrollo/juegos-jugar-en-casa

 

 

 

Recomendacións de apoio emocional para o alumnado durante a corentena

 

 

 

O/a mestre/a de pedagoxía terapéutica

 

O profesorado de apoio abarca tanto aos mestres e mestras de pedagoxía terapéutica (PT) como aos de audición e linguaxe (AL), e somos un recurso especializado e específico que o sistema educativo ofrece para dar resposta ao alumnado con necesidades específicas de apoio educativo (ACNEAE). 

Segundo a Lei Orgánica 8/2013, do 9  de decembro, para a mellora da calidade educativa (LOMCE), o ACNEAE é aquel que require de forma temporal ou permanente, apoios ou provisións educativas diferentes ás ordinarias por presentar necesidades educativas especiais (NEE), dificultades específicas de aprendizaxe, altas capacidades intelectuais, por incorporarse tardiamente ao sistema educativo ou por condicións persoais ou de historia escolar. 

Os mestres e mestras de PT somos especialistas en inclusión e na atención á diversidade e colaboramos co resto do profesorado para poder dar unha resposta satisfactoria as necesidades educativas do noso alumnado. 

Gortázar realiza unha resumo das nosas funcións que veñen especificadas na lexislación vixente, e divídeas en 3 niveis: 

Apoio ao centro: participando na elaboración do Proxecto Educativo (PE), nas concrecións curriculares, nos diferentes plans de centro, nas decisións metodolóxicas e organizativas...

Apoio ao mestre: elaboración xunto co profesorado titor das programacións de aula adecuándoas ás necesidades do alumnado, buscar e elaborar material didáctico específico, coordinar co profesorado titor a metodoloxía didáctica, participar nas avaliacións, axudar na elaboración das adaptacións curriculares significativas (ACS), nas medidas de reforzo e nas medidas de atención á diversidade (MAD) así como colaborar na súa avaliación e seguimento...

Apoio ao alumnado: axudamos na identificación das necesidades educativas e das dificultades de aprendizaxe, intervimos directamente co ACNEAE, coordinamos os apoios que recibe o alumno dentro e fóra da aula ordinaria e dentro e fóra do centro, informar e orientar aos pais e titores legais do alumnado ao profesorado titor sobre as necesidades e a evolución do seu fillo e indicámoslles pautas concretas de actuación...

 

Como se pode observar os mestres e mestras de PT non actuamos sos, a planificación e coordinación no ámbito educativo son factores fundamentais para realizar intervencións eficaces, e por iso desempeñamos unha labor esencial como promotores e facilitadores da coordinación dos diferentes profesionais que interveñen na educación. 

 

Adxunto un vídeo onde unha mestra especialista en PT describe algunhas das súas funcións nun centro educativo. Recalco que aínda que esta mestra fala de que atende a alumnos con NEE, posteriormente aclara que o profesorado de apoio traballamos con todo o ACNEAE, dentro do cal se encontra o alumnado con NEE. 

 

Distribuir contido


by Dr. Radut