Comedor

CEIP A GÁNDARA

BENVIDOS AO NOSO COLEXIO

 

CALENDARIO ESCOLAR 2020-2021

FOTOS MENÚS

MENUS COMEDOR ESCOLAR 2020-21

NOVEMBRO.

GALERÍA DE VÍDEOS

GALERÍA DE FOTOS

O TEMPO EN NARÓN

USO DO COMEDOR ESCOLAR

Rematado o plazo para a confirmación de uso do comedor escolar. Non se admitiran mais usuarios durante este curso a non ser causas debidamente xustificadas.

Podedes ver no plano como quedan distribuidos os postos e que lugar ocupará cada un. Dentro duns días publicaremos o novo protocolo de comedor, unha vez quede aprobado polo Consello Escolar.

Plano de colocación de usuarios segundo as quendas establecidas.

 

comedor covid 1

 

 

comedor covid 2

 

ximnasio covid 3

 

 

ximnasio covid 4

 

 

FUNCIONAMENTO DO COMEDOR ESCOLAR NO CURSO 20-21

Estamos a elaborar o protocolo de funcionamento do comedor escolar para este curso 2020-2021. Pero mentres non estea rematado aquí tedes unhas indicacións de como pensamos organizalo. Picade enriba para ler.

Organización do Comedor Escolar no curso 20-21.

Este ano Paula non se encarga de anotar aos nenos/as que usarán o comedor polo que tedes que chamar ao centro par comunicarllo á Directora.

PUBLICACIÓN DAS LISTAXES DEFINITIVAS PARA FACER USO DO COMEDOR ESCOLAR NO CURSO 2020-2021

Publicadas no taboleiro interior do centro a listaxe definitiva de uso de comedor para o curso 2020-2021. Podedes pasar a consultala no interior do centro entre o 16 e o 21 de xullo. Contra esta adxudicación so cabe recurso de alzada ante Xefatura Territorial.

A data prevista da publicación era o 17 de xullo, pero unha vez aprobada na reunión de Consello Escolar celebrada o 15 de xullo, cumpre publicala para que poidades consultala.

AXUDAS PARA USUARIOS GRATUITOS DO COMEDOR ESCOLAR

Publicada hoxe, 30 de marzo unha axuda extraordinaria para os usuarios, gratuitos ou pagadores de 1 €, do comedor escolar.

AVISO importante: Consideranse usuarios de comedor única e exclusivamente os que obtiveron praza no listado publicado no mes de xullo. Hai xente que come no comedor pero non ten praza de usuario, e polo tanto non pode solitar as axudas.

Poderá solicitarse, única e exclusivamente, por sede electrónica da Xunta de Galicia. Para iso os representantes legais do alumnado solicitante teñen que contar con medios de identificación electrónica incluida a chave 365.

De non poder facelo polos seus propios medios poden solicitar unha cita coa dirección do centro de xeito telefónico para autorizar á directora a presentala no seu nome facilitándolle todos os datos requeridos.

O prazo de solicitudes remata o 6 de abril. Non vos despistedes.

As familias que sexan capaces de facelo polos seus propios medios, se poden que chamen ao cole para confirmar que o fixeron ou manden un correo dicindo que xa o solicitaron. Iso facilitaría moito o traballo de dirección xa que así tería a seguridade que ninguén quedou sen a axuda que lle corresponde. Grazas novamente.

Orde do 27 de marzo de axudas a usuarios de comedores escolares.

PROTOCOLO DE FUNCIONAMENTO DO COMEDOR ESCOLAR 19/20

Aquí tedes o Protocolo de funcionamento do Comedor Escolar para o curso 2019 -2020 que foi aprobado na reunión do Consello Escolar celebrada o martes 29 de outubro de 2019.

 

PROTOCOLO FUNCIONAMENTO COMEDOR ESCOLAR CURSO 2019-2020.

PRAZAS DE USUARIOS DE COMEDOR (Non esporádicos)

O pasado venres 18 de outubro mediante chamada teléfonica o responsable de Comedores Escolares da Xunta de Galicia avísanos que das 162 prazas que tiñamos concedidas so estabamos usando 145.

Esto é debido a que moitas desas prazas non estaban sendo usadas en días fixos e por termino medio hai 145 alumnos/as diarios. Temos que ser responsables e dar servizo aos usuarios fixos.A normativa informa que aqueles usuarios que teñan a praza e non fagan uso dela nos dias en que as solicitaron perderán o dereito de usuario.

A Xunta de Galicia non asume os usuarios esporádicos en ningún dos seus comedores. Non pode ser que alguén solicite praza para o comedor, ocupe posto de usuario e so a use uns poucos días no ano.

Correo do aviso.

PUBLICACIÓN DA LISTAXE DEFINITIVA DE SOLICITUDES PARA USO DO COMEDOR ESCOLAR PARA O CURSO 2019-2020

Hoxe día 15 de xullo publicamos a listaxe definitiva de solicitudes para usar o comedor escolar para o vindeiro curso 2019-2020.

Lembramos que obteñen prazas de usuarios os 160 primeiros da listaxe. O resto de solicitudes están tamén cargadas no programa polo que poderán usar o servizo de comedor igual que en cursos anteriores poñendose en contacto coa encargada, Paula 669533780. En ningún caso podemos superar os 160 comensais diarios, pero non teñen porque ser obligatoriamente os 160 que obtiveron praza de usuarios. Ata o de agora ninguén que quixera usar o comedor quedou sen poder facelo.

Contra a presente resolución cabe recurso de alzada ante a Xefatura Territorial de Educación.

 

LISTAXE DEFINITIVA DE COMEDOR. PICAR AQUÍ.

Distribuir contido
« Novembro 2020 »
LunMarMérXovVenSábDom
1
2345678
9101112131415
16171819202122
23242526272829
30

Dinamización Lingua Galega

       Actividades
       Certame Literario
       Intercentros
       Teatro
       Contacontos
       Letras Galegas

         Biblioteca

       Mascota

       Fotos

       Contos

       Poesías     

        Últimas Adquisicións

        Convivencia

      Datas a destacar

      Coidado dos baños

        Mediadores

        Policias medio ambiente

        Educación Vial