Skip to Content

Rúa Colmeote s/n
15570 Narón
Teléfono: 881938386
ceip.gandara.naron@edu.xunta.gal

SAMAÍN-MAGOSTO 2022


O próximo venres 28 de outubro retomaremos a celebración do Samaín e Magosto coa axuda da ANPA. Pedimos a vosa colaboración para que entre os días 24 e 27, cada alumno/a traia unha presa de castañas xa picadas, que se asarán e degustaremos o venres no patio. Pregámoslles ás familias do alumnado con alerxias que teñan en conta esta circunstancia. Ademais os nenos/as poderán vir disfrazados para celebrar un SAMAÍN TERRORÍFICO!!!!!
 
Aproveitamos para recordarvos tamén que os días 24 e 25 de outubro poderán traer as súas cabazas decoradas para participar no concurso. Estas expoñeranse no vestíbulo do centro.
Grazas pola vosa colaboración



paxina_eq | by Dr. Radut