Artigos
CONVOCADAS AXUDAS PARA ALUMNADO DE NEAE
Enviado por Eva M. o Ven, 04/09/2020 - 19:12Convocadas axudas para alumnado con necesidades educativa especiais. Hai que cubrir a solicitude directamente na web e entregala logo no centro. Se precisades axuda concertade unha cita coa orientadora.
Información e enlace para cubrila. Picade enriba.
O prazo remata o 30 de setembro.
CONVOCADAS AXUDAS PARA ADQUISICIÓN DE MATERIAL ESCOLAR POR PARTE DO CONCELLO DE NARÓN
Enviado por Eva M. o Mar, 28/07/2020 - 13:55Convocadas axudas para a adquisición de material escolar para o alumnado de Educación Infantil por parte do Concello de Narón.
Hai 15 días hábiles para solicitalas no Concello. Sairon publicadas o 24 de xullo. Tedes máis información picando enriba da convocatoria.
AXUDAS INDIVIDUAIS DE TRANSPORTE PARA ALUMNADO DESPRAZADO DO SEU CENTRO DE REFERENCIA
Enviado por Eva M. o Ven, 17/07/2020 - 14:00Saiu publicada o día de hoxe a concesión de axudas individuais de transporte para o alumnado que viva a máis de 2 Km. do centro escolar e que esté escolarizado obrigatoriamente no centro, sen ser este o seu centro de referencia.
O prazo de presentación remata o 25 de setembro. A continuación tedes as instrucións e o modelo de solicitude. Podesdes descargalos picando enriba deles.
O centro permanece aberto ata o martes 21 de xullo en horario de 9:30 a 13:30. Despois desa data deberedes agardar ata o 1 de setembro para presentala.
Instrucións axudas transporte individual curso 20-21.
Impreso de solicitude de axudas de a transporte individual curso 20-21.