Actividades
UN SAMAÍN DE MEDO 2020: CONCURSO DE CABAZAS
UN SAMAÍN DE MEDO: CABAZAS GAÑADORAS
Todo o profesorado está abraiado coa boa acollida que tivo este concurso de cabazas virtual. Noraboa a todos/as os/as participantes polo esforzo, creatividade e gañas de celebrar connosco este Samaín.
O xurado tivo en conta que a cabaza fora terrorífica, enxebre, orixinal e SOBRE TODO feita polo alumnado aínda que precisase un pouco de axuda. Foi moi difícil escoller unha única cabaza gañadora por cada ciclo, estiveron os votos moi repartidos.... pero só podía quedar unha.
Así que, dende aquí, un merecidísimo aplauso e os nosos parabéns para os/as gañadores/as:
En Educación Infantil: "A cabaza Tristona" - Hugo Dapena García (4º de Infantil - A)
No 1º Ciclo de Educación Primaria: "A cabaza pallaso" - Enol Rosado Rodríguez (1º A )
No 2º ciclo de Educación Primaria: "Coviro" - Noa López Armada (4ºB)
No 3º ciclo de Educación Primaria: "A Bruxa" - Naiara López Seoane (5º A)
Parabéns! Non esquezades que o venres recibiredes o voso agasallo!!
Para os/as demais, de verdade que sodes todos/as merecidísimos gañadores/as porque saíron uns traballos ben fermosos. GRAZAS por participar
FELIZ SAMAÍN
CONCURSO DE CABAZAS: UN SAMAÍN DE MEDO
Este ano, debido á situación xerada polo coronavirus, non podemos facer a nosa famosa exposición de cabazas terroríficas no cole. Pero, como non queriamos deixar pasar a oportunidade de festexar o Samaín, imos a axudarnos das novas tecnoloxías para facelo.
Así que, todo o alumnado que queira participar no concurso de cabazas poderá deseñar a súa na casa e enviar unha foto á dirección de correo electrónico samainagandara@gmail.com co nome do neno/a que participa e o curso. Só se admitirá unha cabaza por alumno/a e o prazo máximo para enviar a foto será ata o luns 26 de outubro (incluído). Se vos animades, podedes poñerlle un nome á vosa cabaza para que sexa máis fácil identificala.
Despois de valorar todas as vosas e magníficas propostas, sairán publicadas as cabazas gañadoras na páxina web o 29 de outubro.
E o 30 de outubro farase a entrega dos agasallos ás persoas premiadas. Existirá un total de 4 gañador@s; un por ciclo, enténdase:
- Educación Infantil
- 1º Ciclo de Primaria: 1º e 2º curso
- 2º Ciclo de Primaria: 3º e 4º curso
- 3º Ciclo de Primaria: 5º e 6º curso.
O xurado terá moi en conta para escoller ao gañador/a que a cabaza sexa terrorífica, que sexa enxebre - galega, orixinal e sobre todo que estea feita polo alumnado, aínda que precisen axuda.
Animámosvos a participar e festexar connosco de xeito virtual este Samaín 2020.
Moita sorte a tod@s!
UNIDADE DIDÄCTICA "AS PITAS BAIXO A CHOIVA"
Adxuntóvos esta unidade didáctica que está elaborada pola equipa de
normalización linguística de Ferroltera.
Para su elaboración contaron , entre outros/as, coa axuda de Marina
Valencia González (profesora de ed. infantil durante moitos anos neste colexio).
Abaixo tedes o enlace no que está a unidade didáctica. Nel tedes mais recursos
http://aspitas.gal/
Agardamos que vos guste
XOGO ESCAPE ROOM (3º CICLO) . RICARDO CARVALHO CALERO
ESTE É UN ENLACE QUE VOS LEVA A UN XOGO DE ESCAPE ROOM DIRIXIDO
A NENOS/AS DE 6º PRIMARIA (TAL VEZ TAMÉN PODERÍA SER 5º) ARREDOR
DO AUTOR LETRAS GALEGAS 2020
https://patrifulca.wixsite.com/xogoletras20
ACTIVIDADES INTERACTIVAS. RICARDO CARVALHO CALERO
Ola a todos/as
No seguinte enlace poderedes ver unha morea de actividades relacionadas co autor
Ricardo Carvalho Calero
Están destinadas a nenos/as desde infantil ata primaria.
Son actividades interactivas e son moi visuais.
Espero que as disfrutedes e aprendais moitas cousas da vida e obra do autor homenaxeado.
http://primaveradasletras.gal/
LETRAS GALEGAS 2019
Este ano a Real Academia da lingua galega adica o día das letras galegas 2019 ao historiador e escritor Antón Fraguas Fraguas. Nestes enlaces podedes ver información variada sobre el, tanto a biografía como actividades para poder traballar sobre a súa vida e historia.
www.seminariogalan.org
www.lingua.gal
https://tuvigo.es/ ( Videos en lingua de signos)
primaveradasletras.gal
ROSALIA DE CASTRO
O 24 DE FEBREIRO, ANIVERSARIO DA NOSA ESCRITORA MÁIS UNIVERSAL. UNHA MULLER LOITADORA E DEFENSORA DA NOSA LINGUA E CULTURA.
DENDE O DEPARTAMENTO DE DINAMIZACIÓN DA LINGUA GALEGA QUEREMOS RENDIRLLE UNHA PEQUENA HOMENAXE AMOSANDO ALGÚNS DOS TRABALLOS REALIZADOS POLO NOSO ALUMNADO. UNHA MOSTRA DOS MESMOS SON OS REALIZADOS POLAS TITORAS DE PRIMEIRO.
PARA A REALIZACIÓN DOS MESMOS RECOLLIMOS INFORMACIÓN DE DIVERSAS PÁXINAS WEB, TALES COMA:
FUNDACIÓN ROSALÍA DE CASTRO- WEB OFICIAL DA FUNDACIÓN E DA CASA DE ROSALIA:http//rosalia.gal/.
CANTARES GALEGOS. BIBLIOTEACA VIRTUAL MIGUEL DE CERVANTES: www.letrasgalegas.org
BIOGRAFÍAS CORTAS. ROSALÍA DE CASTRO: POETA Y NOVELISA :www. bosquedefanatasias.com
ROSALÍA DE CASTRO. WILKIPEDIA, LA ENCICLOPEDIA LIBRE
BIOGRAFÍA DE ROSALÍA DE CASTRO
RECITAMOS POEMAS E CANTAMOS ALGUNHA CANCIÓN EN LEMBRANZA DA NOSA POETISA ROSALÍA.
ROSALÍA PEQUENIÑA
www.youtube.com
Paseniño
www.youtube.com
A ROSALÍA (NO BICO UN CANTAR)
www.youtube.com
FALARES DE AMOR
www.youtube.com
ADIOS RÍOS ADIOS FONTES. AMANCIO PRADA CON LETRA.www.youtube.com
AGARDAMOS QUE SEXA DO VOSO AGRADO ESTA PEQUENA INFORMACIÓN EN HONOR A UNHA GRANDE ESCRITORA.
NOVAS 16-12-2018
POSTAL NADAL 2018 E ALMANAQUE 2019
UN ANO MÁIS O ALUMNOS E ALUMNAS DE A GÁNDARA, PARTICIPARON NA REALIZACIÓN DAS POSTAIS NAVIDEÑAS E DUN DEBUXO PARA O ALMANAQUE 2019, ONDE FOMENTAN O USO DO GALEGO. AÍNDA QUE TODAS AS PARTICIPACIÓNS ESTABAN XENIAL, OS DEBUXOS ELEXIDOS FINALMENTE FORON:
POSTAL: A CLASE DE E.I. 3A
ALMANAQUE: PATRI LÓPEZ DE 5º E.P.
MOITOS PARABÉNS E GRAZAS A TODOS OS PARTICIPANTES.
