Horarios

HORARIOS DO CURSO 2020-2021

O centro abrirá as portas de acceso as 8:50 para a entrada do alumnado de Ed. Primaria. Esta entrada durará ata as 9:00 onde todo o alumnado de Ed. Primaria ten que estar xa nas súas aulas.

Desde as 9:00 ata as 9:10 será a entrada do alumnado de Ed. Infantil que poderá ser acompañado dun adulto ata as portas de acceso ao edificio.

O horario de atención ao público será por teléfono desde as 8:30 ata as 14:30 h. Para trámites administrativos presenciais a traves da xanela de administración o horario será de 9:30 a 13:30 h, todos os días e os martes de 16:00 a 19:00 h.

Respectade este horario para non interferir nas entradas e saidas do alumnado.

Grazas.

COMEZAMOS UN NOVO CURSO

O martes 1 de setembro comezamos un novo curso escolar, o 2020-2021.

O centro está aberto polas mañás en horario de 9:00 a 14:00. Para trámites administrativos o horario é de 9:30 a 13:30, na xanela de administración.

Temos que seguir un protocolo de acceso ao centro para evitar a propagación e os contaxios do covid-19, polo tanto so poderán permanecer no interior do colexio tres persoas separadas dous metros entre elas mentres agardan ser atendidas en administración. Antes de entrar hai que lavar as mans con xel hidroalcolico que está situado na porta de entrada. 

Para ser atendidos polo equipo directivo hai que solicitar cita previa por medio telefónico.

Damos a benvida a todos os novos membros da Comunidade Educativa, tanto profesorado como alumnado ou familias e pedimos, polo ben de todos, que todos cumplamos o protocolo establecido de acceso ao centro educativo.

 

Distribuir contido
« Outubro 2020 »
LunMarMérXovVenSábDom
1234
567891011
12131415161718
19202122232425
262728293031

Dinamización Lingua Galega

       Actividades
       Certame Literario
       Intercentros
       Teatro
       Contacontos
       Letras Galegas

         Biblioteca

       Mascota

       Fotos

       Contos

       Poesías     

        Últimas Adquisicións

        Convivencia

      Datas a destacar

      Coidado dos baños

        Mediadores

        Policias medio ambiente

        Educación Vial