Consello escolar
NOVA COMPOSICIÓN DO CONSELLO ESCOLAR DESDE XULLO DE 2019
O 1 de xullo de 2019 comezou mandato un novo equipo directivo no que o Xefe de Estudos é Enrique Blanco Guillén, polo que forma parte do Consello Escolar como membro do equipo directivo e deixa vacante o seu posto como representante do profesorado. A profesora que estaría como primeira suplente era Emma Mª Salgueiro Veiga, pero tamén forma parte do equipo directivo como secretaria, polo que houbo que recurrir á segunda suplente que é Fátima María Muiños Rodríguez que a partir desa data forma parte do Consello Escolar como representante do profesorado.
Por outra banda, despois das eleccións municipais celebradas a finais do curso 2018-2019 perde o seu posto o representante do Concello, entrando no seu lugar Mercedes Taibo Rey.
