Letras Galegas
Día das Letras Galegas
O Día das Letras Galegas é un día de exaltación da lingua de Galicia a través da súa manifestación literaria. Comezou a celebrarse o 17 de maio do 1963, coincidindo co centenario da primeira edición de Cantares gallegos, de Rosalía de Castro.
E un día festivo na nosa Comunidade e esta festividade foi moi ben acollida non só a nivel literario senón tamén nos ambientes populares. Dende aquela dedícaselle o día de cada ano a unha figura significativa da literatura galega, coa única condición de que no ano da súa conmemoración teña pasado un mínimo de dez dende a data de falecemento da persoa homenaxeada.
ACTIVIDADES E RECURSOS PARA TRABALLAR LETRAS GALEGAS 2020
Este enlace é o do "portal da lingua galega". Atoparedes moitos
recursos, información e diferentes actividades en torno a
Ricardo Carvalho Calero
https://www.lingua.gal/o-galego/promovelo/dia-das-letras-galegas
SEMINARIO GALÁN.
ESTE ENLACE LÉVAOS AO SEMINARIO GALÁN . AHÍ TEREDES
UNIDADES DIDÁCTICAS E INFORMACIÓN RELACIONADA CO
RICARDO CARVALHO CALERO
http://seminariogalan.org/inicio/portada/
