Skip to Content

Outros

PLAN DE ADAPTACIÓN ANTE O COVID-19 (MODIFICADO) e PLAN DE CONTINXENCIA ANTE O COVID 19 (MODIFICADO)

PLAN DE ADAPTACIÓN COVID 19 (MODIFICADO)

Hai modificacións no apartado de Ed. Física e no apartado das merendas de media mañá cando hai alertas laranxa por temporal.

PLAN DE CONTINXENCIA ANTE O COVID 19 ( MODIFICADO)

Hai modificacións nos horarios. Están icluidos os horarios espello. No caso de aula pechada seguiríanse eses horarios. O 60% da docencia sería por videoconferencia e o resto do horario sería virtual.

Normas de Organización e Funcionamento do Centro

NORMAS DE ORGANIZACIÓN E FUNCIONAMENTO DO CENTRO

Lei de Convivencia.

LEI DE CONVIVENCIA

PLAN DE CONTINXENCIA ANTE O COVID-19 MODIFICADO O 25 DE MARZO DE 2021

Nova modificación do Plan de continxencia. Engadida a atención de alumnado vulnerable. 

Plan de continxencia modificado ( 25-03-2021)

PXA CURSO 2020-2021

Xa podedes consultar a PXA deste curso 2020-2021 despois da súa aprobación polo Consello Escolar en reunión celebrada o martes 17 de novembro de 2020.

PXA 2020-2021

INCIVISMO NO ALUMNADO DO CEIP A GÁNDARA

Desde que comezamos o curso, xa vai por tres veces que algún ou algúns alumnos do segundo andar (4º, 5º e 6º de Ed. Primaria) dedicanse a baleirar os dispensadores de xabrón que hai nos aseos polo chan. (Podesdes ver aquí a foto do sucedido hoxe).

Xa fun polas aulas intentando falar con eles para dicirlles que ese feito está mal, porque o xabrón é necesario para a hixiene tan necesaria nestes tempos de pandemia, que ao colexio cóstalle cartos e que di moi pouco deles comportarse dese xeito que ademais pode ser perigoso se algún esbara no xabron tirado no chan.

Por outra parte no aseo das nenas tampouco as cousas van mellor, tamén no segundo andar (4º, 5º e 6º EP), neste caso o que parece que sobra é o papel hixiénico e dedicanse a tirar rolos enteiros no váter, (podedes ver aquí a foto).

O colexio é a casa de todos, alumnado e profesorado durante cinco ou máis horas ao día. Temos que convivir e a todos e todas nos gusta atopar as cousas limpas, ter xabrón para lavarnos e papel hixiénico cando imos ao aseo. A señora da limpeza que anda toda a mañá desinfectando baños, lavabos, barandas... non merece atoparse os baños dese xeito. 

Foto do baño do papel secamans.

Por todo isto pídovos ás familias que faledes cos vosos fillos e fillas e lles fagades reflexionar sobre como hai que comportarse nun lugar onde convivimos moitas persoas.

De seguir esta situación así, chegará un momento no que non teñamos xabrón ni papel nos baños.

Grazas a todos e todas por colaborar con nós.

A Directora.

PLAN DE ADAPTACIÓN COVID CURSO 2020-2021

Pinchando aquí podedes ver o Protocolo elaborado polo colexio en base ao facilitado pola Xunta con data 31 de agosto 2020. A medida que pasen os días e vexamos como funciona iremos facendo as modificacións que sexan precisas.

Para que as cousas funcionen necesitamos que todos/as pais/nais, profesorado e alumnado colaboremos e cumplamos o protocolo. Grazas anticipadas pola vosa colaboración.

Protocolo covid -CEIP A Gándara.

PUBLICADA A MEMORIA DE FIN DE CURSO 2019-2020

Pinchando enriba dela podedes consultar a Memoria de Fin de curso que foi aprobada polo claustro de profesores en reunión do 29 de xuño de 2020.

MEMORIA FIN DE CURSO 19-20.

Distribuir contido


by Dr. Radut