Skip to Content

Un novo curso por diante!

Estimadas familias:

O próximo día 11 comezamos as clases deste curso 2023/24.

Esperamos que tiverades un gran verán, con moito tempo de lecer e grandes recordos para encher esta nova mochila.

O luns empezaremos co horario habitual e cos servizos de madrugadores e comedor xa operativos. Haberá unha breve presentación e realizaremos os diferentes agrupamentos no patio. Contade con que nos próximos días programaranse as distintas xuntanzas cos titores/as de cada grupo.

Nos próximos días irase actualizando a páxina web coa información do curso así coma a do profesorado adscrito.

Recibide un cordial saúdo,

O equipo directivo



Libro dixital

Novos teléfonos

Novos teléfonos do centro:

CONSERXERÍA: 886159531

DIRECCIÓN: 886159532

SECRETARÍA: 886159537

FAX: 886159535

ABALAR MÓBIL

Abalar Móbil

Correo Edu

blog | by Dr. Radut