Estimadas familias:
Dende este luns día 15 de xaneiro ata o día 5 de febreiro queda aberto o prazo para a reserva de praza no alumnado procedente de centro adscrito. A nós correspóndenos o IES Sánchez Cantón.
Toda a información referida a este procedemento está dispoñible a través da aplicación: www.edu.xunta.gal/admisionalumnado.
Poderán cumprimentar as solicitude de reserva:
- De xeito manual. Empregando o formulario en papel.
- A través da aplicación. Solicitudes > Reserva > Crear
Esta solicitude deberá presentarse:
- No centro educativo.
- A través de sede electrónica (precisarase Chave 365 ou certificado dixital). Sendo esta a canle preferible de presentación.
O comportamento da aplicación será diferente se se cubre estando identificado ou non:
- Familias/usuarios sen identificar: Introducirán todos os datos. Premerán no botón de Crear, aparecendo unha mensaxe para poder descargar a solicitude e o anexo I Bis que deberá presentar no centro.
- Familias/usuarios identificados: Unha vez gravada a solicitude na aplicación, aparecerán as opcións para presentar e asinar a solicitude na sede electrónica ou para descargar o informe (solicitude) e presentalo no centro educativo.
As dúbidas que poidades ter serán resoltas dende secretaría, dentro do horario establecido.
Un cordial saúdo,
O equipo directivo