Esta fin de semana o noso alumnado de sexto estivo moi presente nesta Feira da Miniciencia.
O venres foi o día da Ciencia no cole, onde fixeron a presentación do seu traballo de investigación cun estudo comparativo sobre a influencia da temperatura nos seus invernadoiros.
Este proxecto foi unha oportunidade para traballar de xeito interdisciplinar diferentes disciplinas, dende a propia bioloxía ata as competencias dixitais para programar a placa microbit que medira a humidade do terreo.
Ademais de despertar o interese pola investigación científica esta xornada permitiu poñer en práctica as habilidades comunicativas do noso alumnado e a capacidade para sintetizar o traballo realizado durante estas semanas de traballo diante do xurado.
Tamén houbo obradoiros nas propias instalacións da Escola de Enxeñería Forestal e, o sábado, a presentación ao público en xeral así como a recollida dos diplomas.
Unha magnífica experiencia que foi posible grazas ao compromiso do alumnado, o traballo das profesoras e a gran colaboración das familias.
Achegamos algunhas fotos destas xornadas no seguinte enlace:
https://www.edu.xunta.gal/centros/ceipfroebel/galeria/thumbnails.php?album=288
Recibide un cordial saúdo,