Skip to Content

Un 25N de concienciación e sensibilización

Estimadas familias:

Este sábado celebrouse o Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller. Dende o ámbito educativo debemos aproveitar esta oportunidade para reflexionar sobre a violencia de xénero, xa que a educación é clave para cambiar actitudes e comportamentos, creando unha cultura do respecto e da equidade.

Achegamos un breve vídeo que resume o noso acto de celebración.

https://www.edu.xunta.gal/centros/ceipfroebel/galeria/displayimage.php?album=251&pid=6801#top_display_media

Recibide un cordial saúdo,

O equipo docente

Celebramos o Magosto

 

O pasado xoves tivemos unha das festas clásicas do outono, o magosto.

Este día sempre é unha magnífica oportunidade para recuperar xogos tradicionais, permitindo que alumnado de diferentes grupos comparta espazos e tempos nunha xornada de convivencia.

E aínda que non tivemos fogueira está claro que somos un pobo comedor de castañas, xa que ir á locomotora e recoller o cornete quente foi o preludio dunha merenda moi festiva.

Achegamos algunha das fotos desta xornada. Esperamos que vos gusten.  

https://www.edu.xunta.gal/centros/ceipfroebel/galeria/thumbnails.php?album=249

 

 

Celebramos o Samaín

O pasado día 31 o noso centro participou dunha das celebracións que máis ilusión despertan nos nosos nenos e nenas: a festa do medo, e das lecturas terroríficas, e das merendas tenebrosas e dos bailes con desfraces. O Samaín!

Dende aquí quixéramos agradecer a colaboración das familias que axudaron a decorar, participaron coas merendas de medo e acudiron ás lecturas con tan bo criterio bibliográfico.

Deixamos o enlace á galería de fotos: https://www.edu.xunta.gal/centros/ceipfroebel/galeria/thumbnails.php?album=247

 

Un saúdo cordial,

XII Limpeza Simultánea de Praias

Estimadas familias:

Xeralmente as actividades complementarias preséntanse a través das galerías de imaxes, mais neste caso queremos difundir a nosa participación dentro da XII Limpeza simultánea de praias, convocada pola asociación ecoloxista Adega, polo impacto que tivo como actividade sensibilizadora.

Baixo o lema “Mares sen plástico, mares con vida” o noso alumnado de 5º desprazouse ata a praia de Lourido para comprobar como boa parte dos residuos que atopamos nelas son plásticos. Alén do seu impacto visual, supoñen un grave perigo para a flora e a fauna mariñas; nomeadamente para algunhas especies ameazadas como cetáceos, tartarugas ou aves mariñas, xa que inxiren plásticos confundíndoos con alimento. Tamén poden acabar enredados en bolsas, sacos ou redes que lles provocan graves lesións, dificultades para moverse e, finalmente, poden causar a súa morte.

Ademais, estes plásticos acaban desfacéndose en pequenos anacos que son inxeridos por peixes e que poden rematar nos nosos pratos, afectando directamente á nosa saúde.

A mellor maneira de actuar ante este problema é reducir o consumo diario de plástico, reutilizar o máximo posible e reciclar.

O noso centro tamén decidiu botar unha man, pasando á acción directa e despois dunha mañá de convivencia retiramos desta praia máis de 20 quilos de plásticos e envases.

 

Finalmente, quixéramos mostrar o noso agradecemento ao Concello de Poio, na persoa de Manuel Domínguez, responsable de Medio Ambiente, que facilitou os contedores axeitados e achegouse ata a praia para transmitirlle o recoñecemento ao noso alumnado.

Deixamos algunhas imaxes desta xornada na galería da nosa web.

Recibide un cordial saúdo,

O equipo directivo.

Distribuir contido


Libro dixital

Novos teléfonos

Novos teléfonos do centro:

CONSERXERÍA: 886159531

DIRECCIÓN: 886159532

SECRETARÍA: 886159537

FAX: 886159535

Correo:

ceip.froebel@edu.xunta.gal

ABALAR MÓBIL

Abalar Móbil

Correo Edu

by Dr. Radut