RESERVA DE PRAZA PARA O CURSO 20/21

REÁBRESE O PRAZO DE RESERVA DE PRAZA PARA O CURSO 20/21

     Segundo a RESOLUCIÓN do 5 de maio de 2020, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, pola que se dá publicidade a diversos acordos doCentro de Coordinación Operativa da situación de emerxencia sanitaria no territorio da Comunidade Autónoma de Galicia (Cecop), do 5 de maio de 2020

   Poderá solicitar praza dende o luns  11 de maio de 2020 e rematará o luns  18 do mesmo mes.

   A secretaría do centro atenderá a recollida e entrega de documentación en horario de 10 a              13:30 horas.

Se alguén precisase outro horario pódese poñer en contacto por correo electrónico co centro ceip.frions@edu.xunta.gal

 

          En Frións a 6 de maio de 2020

Luís Teira Parada

Director

 

NORMAS PARA SER ATENDIDO/A

REÁBRESE O PRAZO DE RESERVA DE PRAZA PARA O CURSO 20/21

 

     1º Toque o timbre e espere a ser atendido.

     2º Como norma xeral, só se permitirá o acceso dunha persoa por cada familia e por quendas.

     3º Recoméndase vir con mascarilla.

       4º Facilitarémoslle xel hidroalcólico para desinfectar as mans.