MATRÍCULA CURSO 24-25

 

 

NOVA MATRÍCULA PARA CURSO 24-25

 

O PRAZO PARA NOVAS MATRÍCULAS ESTÁ ABERTO DENDE O DÍA

1 DE MARZO AO 20 DE MARZO DE 2024

- DECRETO 13/2022, do 3 de febreiro, polo que se regula a admisión de alumnado en centros docentes sostidos con fondos públicos que imparten ensinanzas de segundo ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación.

- ORDE do 21 de outubro de 2022 pola que se desenvolve o Decreto 13/2022, do 3 de febreiro, e se regula o procedemento de admisión do alumnado nos centros docentes sostidos con fondos públicos que imparten ensinanzas de segundo ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación (códigos de procedemento ED550A, ED550B e ED550C).

(Só se pode presentar unha única solicitude no centro no que se solicita praza en primeiro lugar. ) Segundo a nomeada Orde, terase en conta o seguinte:

1º. Que cada alumna e alumno só pode presentar unha única solicitude no centro no que solicite praza en primeiro lugar, advertindo que a infracción determinará a perda dos dereitos de prioridade que poidan corresponderlle.

2º. Que o alumnado que ten garantía de permanencia nun centro, se presenta solicitude de admisión noutro distinto deberá comunicalo, ao mesmo tempo, ao centro de orixe.

3º. Que o alumnado que ten reservada praza nun centro, se presenta solicitude de ad­misión noutro distinto deberá comunicar a renuncia á reserva antes do inicio do prazo de presentación de solicitudes de admisión.

A vía recomenda pola Consellería de Educación para facer a solicitude de reserva de praza é a través de internet no enderezo www.edu.xunta.es/admisionalumnado ou na Guía  de procedementos e servizos da administración da Comunidade Autónoma de Galicia na dirección www.xunta.es /portada co procedemento ED550B.

De todos os xeitos poderán entregar a súa solicitude en papel na secretaría do centro no mesmo prazo establecido do 1 ao 20 de marzo. Os impresos están na conserxería do centro ou ben pode descargar os impresos dende aquí

OFÉRTANSE OS SEGUINTES POSTOS ESCOLARES

CURSO

VACANTES

4º EDUCACIÓN INFANTIL

20

5º EDUCACIÓN INFANTIL

0

6º EDUCACIÓN INFANTIL

5

1º EDUCACIÓN PRIMARIA

0

2º EDUCACIÓN PRIMARIA

0

3º EDUCACIÓN PRIMARIA

0

4º EDUCACIÓN PRIMARIA

0

5º EDUCACIÓN PRIMARIA

7

6º EDUCACIÓN PRIMARIA

2

             Se é necesario presentar documentación xustificativa dos criterios alegados darase o prazo estipulado na normativa.

O CEIP plurilingüe de Frións ten adscrito o IES Leliadoura. A área de influencia vén determinada no mapa que aprobou

a Xefatura Territorial e que se pode consultar na dirección deste centro.

O CENTRO PLURILINGÜE DE FRIÓNS DISPÓN DOS SEGUINTES SERVIZOS COMPLEMENTARIOS:

             - SERVIZO DE TRANSPORTE GRATUÍTO(RD 443/2001)

             - SERVIZO DE COMEDOR XESTIÓN INDIRECTA POLA CONSELLERÍA  (Decreto 132/2013)

             - SERVIZO DE PLAN MADRUGA XESTIONADO POLA ANPA.

 

En Frións a 27 de febreiro de 2024 

Josefa Otero Callón

Directora

 

TITORIAL "XUSTIFICACIÓN DE FALTAS POR ABALAR"

Lembramos que o uso de Abalar para a comunicación das familias e a xustificación de faltas vai ser a canle principal a utilizar polo centro. Por iso, deixamos a continuación, un TITORIAL de como xustificar as faltas a través da app.

TITORIAL PARA A XUSTIFICACIÓN DE FALTAS POR ABALAR

INFORMACIÓN ABALAR

     ESTIMADAS FAMILIAS

XA PODEDES XUSTIFICAR AS FALTAS DE ASISTENCIA DOS VOSOS FILLOS E FILLAS 

MEDIANTE A APLICACIÓN DE ABALARMOBIL. TEDES Á VOSA DISPOSICIÓN UN TITORIAL CUNHA

BREVE EXPLICACIÓN DE COMO XUSTFICAR AS FALTAS DENDE OS VOSO TELÉFONO. 

PREME AQUÍ PARA DESCARGAR O DOCUMENTO

MODELO DE XUSTIFICACIÓN DE FALTAS DO ALUMNADO

Pinchando neste enlace pódese descargar o modelo para xustificaras faltas dos

alumnos e alumnas. Poderase enviar por ABALARMOBIL ou entregarllo en man

ao titor ou titora xunto coa documentameción xustificativa pertinente

  MODELO PARA XUSTIFICACIÓN DE FALTAS DO ALUMNADO

                               

O TEMPO EN FRIÓNS

              O CEIP PLURILINGÜE FRIÓNS

              TAMÉN ESTÁ NO FACEBOOK

https://www.facebook.com/tempofrions

Distribuir contido