Actividades

Milla polo clima, setembro 2019

O luns 30 de setembro dende a "Milla diaria" fixemos un chamamento ao coidado do noso Planeta facendo así a "Milla polo clima". Coas pancartas realizadas a semana anterior, fixemos o percorrido diario facendo visibles os nosos lemas polo coidado do Clima, dento do programa #ODSéateque recentemente temos estrenado no noso colexio.

Ademais esta vez o alumnado de 5º e 6º foron aula por aula recollendo os máis cativos do colexio para facer a Milla todos xuntos. Ao rematar a mesma tivemos sesión fotográfica e colgamos os nosos carteis no patio inferior para compartilos con toda a Comunidade Educativa.

 

Clima e tempo atmosférico en quinto

O alumnado de quinto estivemos investigando as diferencias   entre clima e tempo atmosférico. Estudamos os factores do clima e os aparellos meteorolóxicos. Fixemos exposicións orais deste tema e aprendemos a elaborar climogramas e a comentalos.No seguinte vídeo recollemos unha síntese do noso traballo:  

BO TRABALLO 5º!

FACENDO CLIMOGRAMAS EN 6º

O alumnado de 6º deseña os seus propios climogramas de xeito dixital.

Esta vez traballamos as temperaturas e precipitacións durante un ano en Vigo, e nunha folla de cálculo inserimos os datos para así deseñar os nosos climogramas. Deixámosvos un exemplos:

 

Climogramas en 6º

En 6º de primaria estivemos a realizar climogramas da cidade de Vigo.

O primeiro primeira representación que fixemos do mesmo foi cos nosos propios corpos. Escollemos 12 alumnos/as, cada un deles representaba un mes do ano, foron agachándose e levantándose ata darlle forma, como podemos ver na seguinte imaxe.

A continuación collemos unha la, que faría as veces de curva da temperatura, fomos axustando meses e temperaturas, ata quedar así:

Así quedaron as nosas barras de precipitacións por meses, a a línea de temperaturas.

 

Agora toca representar esta experiencia no papel. Pero eso xa será outro día.

 

Rexistramos o tempo atmosférico

REXISTRANDO O TEMPO ATMOSFÉRICO EN PRIMEIRO



          Podedes ver como é a nosa rutina diaria do rexistro do tempo no seguinte vídeo:

 

BO TRABALLO PRIMEIRO A e B!

Powered by Drupal - Design by artinet