Robótica, Sesións

Reto 3. Panel informativo do estadio

Neste reto o alumnado de 6º intentará poñer un panel informativo coa matriz led.

Neste panel, irán aparecendo datos correlativos tipo: temperatura, hora, avisos, saúdos, emoticonos...imprescindibles nun estadio deportivo. Todo isto podédelo apreciar no seguinte vídeo:

 

Reto 2: Luces do estadio.

Comezamos unha serie de retos encamiñados a realizar unha maqueta dunha pista de probas deportivas

Reto 2:

Neste segundo reto imos programar as luces do estadio. Estas luces encenderanse cando a luz natural disminúe. Necesitaremos un sensor de luz exterior que mida a luminosidade.

Simultaneamente traballaremos coa App Mblock Blocky, serie de retos encadeados.

Reto conseguido como podemos apreciar no seguinte vídeo.

 

Reto: Saídas de probas deportivas

Comezamos unha serie de retos encamiñados a realizar unha maqueta dunha pista de probas deportivas

Reto 1:

Este reto consiste en simular os semáforos das saídas de Fórmula 1, compaxinar luz tipo semáforo (vermello, laranxa e verde) cunha sinal acústica en distintos tonos.

No seguinte vídeo podemos ver o traballo e a consecución do mesmo.

 

Equipos mixtos de traballos robóticas

O alumnado voluntario TIC tivo a oportunidade de traballar conxuntamente con mestres e mestras nunha sesión especial de retos robóticos. Xuntos e xuntas aprendemos a solucionar diferentes atrancos robóticos. Reto superado. Para cando máis?

Montaxe e probas robóticas

O alumnado de 6º nas súas primeiras sesións de robótica, estiveron a montar os novos robots, descubrindo novas curiosidades. Aproveitaron para facer probas de manexo.

Powered by Drupal - Design by artinet