4 anos 17/18

Zumo Detox

O alumnado de 4 anos A preparou este venres un Zume Detox para despois das comilonas de Nadal tomar algo san. Un zume natural e moi fresquiño que nos gustou moito, e con ingredientes moi bos como a cenoria, mandarina , mazá ...

Tamén descubrimos que despois de cortar a cenoria deixaba un rastro laranxa moi interesante .... unha idea para a nosa próxima experiencia culi ria.Estade atentos para non perdela!!!

 

 

Traballando coa " Sopa verde"

Hoxe na clase das vitaminas limos un conto moi chulo para comezar o noso proxecto saudable: " Sopa verde" de Ángela Madeira.Gus tounos tanto que decidimos dramatizalo... Quedou mellor mesmo que o conto !

Frianciño participou tamén no noso xogo e botounos unha man.

Botade unha ollada!!!

VISITAMOS O MERCADO DAS TRAVESAS

O alumnado de 4 anos visitou o xoves o mercado das Travesas.Non só gozaron da visita e  o pasaron xenial ,senón que ademais aprenderon un montón de cousas que sen dúbida as utilizarán moito no proxecto do cole deste ano.

                                                    

3º OBRADOIRO DE COCIÑA " BATIDO DE CHOCOLATE"

Os pequechos das clases de 4 anos como todos os venres , levaron a cabo o seu 3º obradoiro de cociña.

Nesta ocasión fixeron unha receita moi deliciosa " Batido de chocolate" e  saíulles riquísimo. Non vos perdades os pasos e os ingredentes da receita porque se o queredes repetir na casa. Que aproveite!!!

Imagen relacionada

Unhas princesas están de aniversario!!!

Esta semana festexamos o aniversario de dúas princesiñas de 4 anos: Inés e Xulia.Moitas felicidades!!!