Graduacións anuais

Graduación do alumnado de 6º de primaria

O 16 de xuño, celebramos a graduación do alumnado de 6º de primaria, que na súa totalidade, rematan os seus estudos no noso colexio. Cunha festa sinxela pero moi emotiva dicimos ata pronto a este grupo de 39 alumnos e alumnas.

A ANPA, como vén sendo costume, invitou a xantar ao alumnado e os mestres que ao longo destes cursos formaron parte do seu equipo docente.

Despois de rematada a comida, convidamos ás familias a compartir o acto da graduación.

Iniciamos o mesmo cun pase dunha montaxe de vídeo, que fai un repaso dos nove anos pasados no noso Centro; a continuación, reparto de agasallos e orlas. Estes momentos foron de moita emoción como podedes ver na seguinte reportaxe fotográfica.

 

Lembrade, Frian, sempre será o voso cole!

Graduación de 6º de primaria 2016

O noso alumnado de 6º celebraron a súa graduación o martes 14 en presenza de numerosos familiares.

 

Despois da xornada escolar habitual xantaron no salón de actos acompañados de mestras e de nais organizadoras do xantar. A continuación, nun acto moi sinxelo e emotivo, onde non faltaron as bágoas, foron graduados . Entraron no salón de actos ó ritmo de "Gaudeaum is Igitur" e visionaron un vídeo de distintos momentos vividos durante os anos que estiveron no Frian.

Despois as súas titoras, Luz, Conchi e Charo (titora na súa época de Educación Infantil) impuxéronlle unha banda, un birrete e déronlles un agasallo mentres quedaban retratados.

Non podía faltar o lanzamento dos birretes nas escaleiras de entrada que quedou inmortalizado na seguinte foto.

 

 

Lembrade que Frian, sempre será o voso cole!

GRADUACIÓN INFANTIL 2015

Celebración en Infantil

grupo a

grupo b

 

Fai uns días graduabamos o noso alumando de 6º de primaira; e hoxe, xoves 18 de xuño do 2015, o alumnado de 3º curso de infantil celebrou a festa de graduación, dirixida pola nosa directora, Olga, e a nosa xefa de estudos, Elisa; en presenza dos seus compañeiros/as de infantil, dos seus mestres/as e familiares.

 

 

Noraboa e esperámosvos en primaria!

Graduación de 6º. Promoción 2006/2015

O día 12 de xuño o noso alumnado de 6º de primaria celebrou a súa graduación cun acto sinxelo e entrañable.

6ºA

 

 

 

6ºb

O ANPA obsequiou o alumnado e o equipo docente do mesmo cunha comida no salón de actos do colexio.

A continuación, os familiares dos nenos e nenas uníronse para continuar o acto que, consistiu na proxección dun vídeo que recollía distintos momentos da vida escolar do alumnado, o longo destes 9 anos no Frian; o reparto duns agasallos, por parte do Centro; e a sesión fotográfica para a posteridade e para aqueles que non puideron estar presentes.

Contamos cunha excelente mestra de cerimonias, a nosa Directora Olga.

 

No nome de  todos e todas grazas ós/as que fixeron posible esta xornada inolvidable!

 

LANZANDO BIRRETES

Powered by Drupal - Design by artinet