Proxecto dixital: "Mafalda"

STOP MOTTION DE FELICITACIÓN DE MAFALDA

E por fin o resultado do noso stopmotion...

 

Esperemos que lle guste !

ASÍ FACEMOS O STOPMOTION

O NOSO STOP MOTION PASO A PASO

 

1º. Pensamos no guión.

 

2º. Facemos as personaxes en papel con cartolinas.

 

3º. Facemos o decorado, os fondos.

 

4º. Gravamos os diálogos.

 

5º. Montamos o trípode e as bases do decorado  para comezar.

 

6º. Imos movendo as personaxes dacordo co guión e facendo fotos cada vez que facemos un movemento.

 

7º. Cambiamos os fondos para facer distintas escenas.

 

8º. Empregamos un programa que converte moitas fotos en pequenos vídeos.

 

9º. Visualizamos as distintas escenas.

 

10º.Facemos correccións e melloras.


11º. Montamos todas as escenas, facemos unha portada e finalizamos cuns créditos. Así rematamos o noso traballo.

Seguimos co stopmotion

Nas seguintes imaxes, unha das nenas do equipo que traballou esta técnica fixo de reporteira, dedicouse a  recoller distintos momentos da realización da mesma.

Botade unha ollada!

 

 

Gravando os diálogos para a felicitación con stopmotion

Unha das tarefas previas para facer a nosa felicitación coa técnica do stopmotion é gravar os diálogos previamente creados. Para facer isto necesitamos manexar o audacity (programa de edición de audio).

Nas seguintes imaxes podemos ver como fomos gravando as distintas escenas.

 

 

Puedes escuchar la primera escena en el siguiente diálogo.

Ultimando as nosas felicitacións

Manexando programas dos nosos ultraportátiles, traballando en equipo, para finalizar as nosas felicitacións. Deixámosvos algúns destes momentos:

Powered by Drupal - Design by artinet