Día Internacional da Infancia

HOXE,

DÍA INTERNACIONAL DA INFANCIA

 

Hoxe, 20 de novembro, para celebrar o Día Internacional da Infancia, sumamos esforzos enfermeras/os e educadores/as.

O Sindicato de Enfermería SATSE e a súa Fundación para o desenvolvemento da Enfermería aproveita este día para realizar a campaña "Vera, la enfermera" nos centros educativos do país.

A través dun conto e de actividades cunha enfermeira/o leva a cabo de xeito habitual, achégannos a esta profesión e a todo o que son capaces de aportar a nosa sociedade.

Queramos dar as grazas dende aquí a: Manuel, coñecido por todos/as, pai de dúas alumnas do noso Centro; María, Malules e Gerardo por acompañarnos neste día e ensinarnos tantos detalles que descoñecíamos.

O final como derradeira sorpresa, agasallos para todos e todas: o conto de Vera, caramelos, globos, pegatinas, material de enfermería...e sobre todo polo momento compartido.

Grazas a todos os que fixeron posible esta actividade!

No seguinte enlace, podedes ler a crónica desta xornada no Atlántico, edición dixital:

http://www.atlantico.net/noticia/219258/enfermeras/muestran/trabajo/escolares/

CARTEL SITUADO NA FACHADA DO NOSO COLEXIO

CARTEL DÍA DA INFANCIA

Powered by Drupal - Design by artinet