O samaín

O samaín

CHEGANDO O SAMAÍN

 

halloween exposición

Chegando estes días de Halloween/ Samaín, en todas as aulas do colexio estivemos a baleirar cabazas para facer unha exposición na entrada con unha gran variedade de caveiras, morcegos, pantasmas...

cabazas 1

 

cabazas 2

Tamén, no Hall de Infantil, tiveron a súa exposición con todo tipo de cabazas ambientadas.

cabazas 3

 E para rematar esta tempada de sustos e medos, o venres, a primeira hora, xa fixemos a nosa entrada no colexio como mandaba o pareado

"Se no Samaín queres participar, algo na cabeza has levar"



Despois do recreo o espíritu do Samaín e do Halloween tomou as aulas.

Así se fixeron diferentes obradoiros que podes ver nas seguintes imaxes

 

 

 

 

Imos de Samaín, imos de Halloween!

Diaños, vampiros, anxos negros, cabazas, caveiras...encheron o xoves 28, as aulas, os corredores e o salón de actos.

O alumnado de educación infantil foi  buscar aos nenos e nenas de primaria para levalos ó salón de actos donde cantaron, bailaron e pasárono de medo.

O corredores, as aulas e o salón de actos estaban moi terroríficos, compróboo ti mesmo.

Powered by Drupal - Design by artinet