Saídas

Saídas

VISITA A GRANXA KIRIKO

O alumnado do 3º ciclo do colexio visitou a granxa Kiriko, convidados pola Deputación de Pontevedra, o venres 16  de decembro.

O venres os alumnos e alumnas de 6º de primaria acompañados por 3 mestras visitaron a granxa Kiriko para levar a cabo o programa:

"Árbores para a vida, vida para as árbores".

Climatolóxicamente podemos falar dun día moi adverso, pero os monitores que alí nos esperaban tiñan todo moi ben programado. O tempo non impediu facer as actividades, eso sí a cuberto. Durante a mañá traballaron nunha actividades titulada "A árbore pide, a árbore da". Despois dun xantar ben merecido houbo tempo para o baile. Xa pola tardiña tiveron un obradoiro de reciclaxe.

Por fin o día deu un respiro e poidemos sair e  ir a zona dos animais.

Tamén dicir que  o día o compartimos co alumnado de 3º ciclo do Ceip Cedeira de Redondela, ase que temos amigos/as novos/as.

E como todo o bo remata, ás cinco e media subemos o autobús e voltamos para as nosas casas.

POLÍTICOS POR UNHAS HORAS

O xoves, día 15 de Decembro, os nenos e as nenas de 6º fomos ao Concello de Vigo. Fixemos un Pleno “en toda regla”, xa que no mesmo lugar onde o alcalde , os concelleiros e a oposición, discuten e tratan de resolver os moitos problemas que xurden na cidade,  alí mesmo estivemos expoñendo as nosas propostas para tratar de resolver a crise que hai na actualidade no país.

 

Logo invitáronnos a tomar unha boa merendola.

Moitas grazas.


 

 

 

Dentro de tres meses volveremos para falar das conclusións as propostas dadas.

DE VISITA NO ZOO

Hoxe, día 15 de decembro do 2011, pasamos un día moi ledo no zoo, os alumnos/as de 3º e 4º de primaria. Comezados con choiva e, a resguardo fixemos actividades. Logo mellorou o tempo e continuamos a nosa visita polo zoo.

EXPOSICIÓN DE FOTOGRAFÍA LEE MILLER

lee miller

O venres 11 de novembro, visitamos a exposición da fotógrafa Lee Miller (1907-1977) en NovaCaixaGalicia. Fixemos un paseo pola súa biografía a través da súa fotografía. Dende Estados Unidos a París pasando por Exipto. Para pasar de país a país íamos selando un pasaporte de viaxeiro. Logo fixemos un obradoiro onde traballos o surrealismo.

Resultou moi interesante!!!

EXPOSICIÓN LEE MILLER 6º DE PRIMARIA

Este venres 4 de novembro fomos visitar a exposición de fotografías da artista norteamericana Lee Miller no Centro Cultural Novacaixagalicia. Alí xogamos a un trivial moi especial onde as preguntas eran sobre algunhas das fotografías da exposición. Foi moi divertido e aprendimos moito da vida e obra da fotógrafa, pero tamén da historia do século xx.

Para rematar convertímonos en artistas e fixemos por grupos un colaxe que amosaremos no noso colexio.

Powered by Drupal - Design by artinet