Saídas

Saídas

ACHEGÁNDONOS Á CULTURA MARIÑEIRA

 

 

O alumnado de 3º, 4º e 5º visitaron o Museo do Mar de Galicia (Xunta de Galicia)os días 25 e 26 de setembro.

Así arrincan as nosas saídas didácticas, que este curso, de seguro, terán que ver moito co tema do mar; xa que este ano o PDI da nosa Biblioteca será "A lingua sabe...a mar".

Repartidos en grupos de 25 alumnos/as traballamos sobre dous obradoiros: "Vida submarina" e "A cultura do mar".

Aprendemos moio sobre: embarcacións tradicionais, o mundo dos percebeiros, aperos de pesca, salgadura, bateas, conservas...

Houbo moitas actividades prácticas; captura de baleas, pesca desde embarcación tradicional, remo, recoñecemento de fondos mariños..

Para rematar a xornada, visitamos o acuario deste Museo, onde observamos moitos peixes da nosa ría e unha langosta...enorme.

 

                                                      Pasámolo moi ben e aprendemos moito!

NO DÍA DO MEDIO AMBIENTE VISITAMOS AQUALIA

Os alumnos/as de 3º A e 3º B fomos invitados por Aqualia a un acto, na súa sede, para celebrar o "Día do Medio Ambiente", por ser o colexio de Vigo cun consumo de auga máis responsable.

Alí estivemos preparando unha cantiga sobre a auga por grupos e ao final, cantamos todos xuntos.

Foi moi divertido!!

 

O mestre Jose achéganos o seguinte vídeo publicado en Televigo nas Noticias:

VOLVEU MOER DESPOIS DE 60 ANOS

O alumnado de 3º,4º e 6º de primaria fomos visitar o "Muíño da Regueira" situado en Matamá.

moa

 

Este muíño, que estaba fai uns anos abandonado e tapado pola maleza, foi recuperado grazas a iniciativa conxunta de varias entidades.

Cando chegamos o mesmo esperábanos  o Sr. Ventura e o seu fillo Marcos. Eles foron os encargados de explicarnos o exterior e o interior do muíño. Primeiro contáronnos como se desviou o río para levar a auga ata o muíño e fóronnos indicando todas as partes do mesmo tanto exteriores como interiores.

Puidemos comprobar o funcionamento do rodicio grazas a caída da auga acumulada no cubo. Despois, xa dentro do tremiñado vimos a moa en movemento. Alí, estaba a fariña, que puidemos ver, moer e ata probar.

 

 

Resultou unha saída estupenda!

VIAXE FIN DE PRIMARIA

viaxe fin de curso

O noso alumnado de 6º de primaria, como ven sendo habitual, despídense do  Frian, facendo unha viaxe.

Este ano Andalucía foi a Comunidade escollida para pasar unha estupenda semana, chea de visitas e actividades. Isla Máxica, Sevilla, Fuengirola, Granada...foron algúns dos lugares visitados.

A continuación deixámosvos unha reportaxe fotográfica:

Powered by Drupal - Design by artinet