Saídas

Saídas

RECONQUISTIÑA 2024

 

 

RECONQUISTIÑA 1

RECONQUISTIÑA 2

Un año máis os tambores do CEIP PLURILINGÜE FRIAN volveron a sonar xunto cos 30 colexios de Vigo  polas rúas da cidade na conmemoración da Reconquista.

Se premedes aquí abaixo podedes ver unha morea de fotos e vídeos: 

https://www.vigoe.es/vigo/local/los-tambores-de-la-reconquistina-invaden-el-casco-vello/

SAÍDA A NATURNOVA 2023

 

O primeiro ciclo fomos a Naturnova a aprender sobre o medio ambiente e o seu coidado. Entramos nun submarino, interactuamos con dinosauros, creamos montañas, convertemos o chan nun taboleiro de xogo, tocamos un tornado, paseamos polos planetas...

Aprendemos unha chea!

 

 


EXCURSIÓN DE 1º CICLO DE FIN DE CURSO Á GRANXA KIRIKO 2022-2023

Para rematar este curso fomos o 1º ciclo enteiro á Granxa Kiriko a coñecer un pouco máis sobre os animais. Ademais descubrimos como se obtén a la e o proceso polo cal pasa para poder ser utilizada.

Gozamos unha chea!

SAÍDA A BUEU

Os nenxs de 2° grazas o programa Ti si que es un bo peixe puideron disfrutar dunha xornada estupenda coa visita ao porto, lonxa e praza de abastos de Bueu.

No porto coñeceron as diferentes artes de pesca e as especies que se capturan sendo o maior protagonista desta zona o polbo.

Na lonxa aprenderon como os mariñeiros clasifican, pesan e miden os peixes respectando os tamaños mínimos das diferentes especies e a importancia do seu correspondente etiquetado.

Puideron experimentar como se leva a cabo unha subasta de peixes.

Na praza de abastos foron pasando polos diferentes postos nos que os praceirxs lles foron mostrando e explicando as diferentes especies de peixes e mariscos.

A visita rematou coa degustación dunha merenda mariñeira na que coñeceron a importancia do valor nutricional dos peixes e mariscos na nosa alimentación.

 

Se premedes neste link accededes ás fotos publicadas no programa

bo peixe programa

RECONQUISTIÑA 2023

O alumnado de 5° de Primaria participipamos un ano más no desfile infantil da Reconquista de Vigo.

Qué ben o pasamos !

Powered by Drupal - Design by artinet