Día do Medio Ambiente

PREOCUPACIÓN POLO MEDIO AMBIENTE

Para axudar a conservar o Medio Ambiente non hai idade

Os máis cativos do colexio están moi preocupados polo  Medio Ambiente...Ollade e escoitade con atención o seguinte vídeo!

ECOS DO DÍA DO MEDIO AMBIENTE

"PENSA, COME, AFORRA"

"THINK, EAT, SAVE"

"PIENSA, COME, AHORRA"

 

MEDIO AMBIENTE

 

 

Queremos este ano, co gallo do Día do Medio Ambiente, apoiar a campaña lanzada polo Programa das Nacións Unidas para o Medio Ambiente, a FAO e outros organismos mundiais, na idea de concienciarnos da cantidade de comida que desperdiciamos a diario na nosa sociedade.

A web "Piensa, aliméntate y ahorra" pretende chamar a atención sobre as toneladas de comida que se desperdician e tiran ó lixo; e os millóns de persoas que pasan fame e non teñen acceso suficiente  a alimentos.

 

Desde as aulas de Inglés, co gallo deste día, desenvolvéronse unha morea de actividades, que podes velas no seguinte enlace:

Otras actividades deste día no centro:

Visita das aulas de 4º de primaria ó Monte da Madroa (Enlace á nova)

Visita das aulas de 5º de primaira ó Vao (Enlace á nova)

Visita das aulas de 3º a Aqualia (Enlace á nova)

Reciclando co trapillo 1º A (Enlace á nova)

 

Para finalizar deixámosvos un enlace, pensamos que moi interesante para reducir a pegada alimentaria:

DEZ CONSELLOS RÁPIDOS PARA REDUCIR A PEGADA ALIMENTARIA E O GASTO

ASÍ CELEBRAMOS O DÍA DO MEDIO AMBIENTE

Preme na imaxe e poderás ver as actividades levadas a cabo co gallo do Día do medio Ambiente.

MURAL MEDIO AMBIENTE

Agradecemos a María, (mestra de Relixión), o seu traballo neste mural.

Moitas grazas !!!

ASÍ CELEBRAMOS O DÍA MUNDIAL DO MEDIO AMBIENTE

Este luns, 6 de xuño rematamos o mural que fixemos entre todos e todas conmemorativo do 5 de xuño, Día Mundial do Medio Ambiente. Aquí tedes o resultado:

cartel medio ambiente

Tamén, coordinado pola nosa Orientadora, Begoña, por clases fixemos ecopropostas

urna ecopropuestas

  que depositamos nunha urna para tal fin, como podedes ver nas seguintes imaxes:

A continuación podes ler con detalle as nosas "ECOPROPOSTAS"

5 DE XUÑO, DÍA DO MEDIO AMBIENTE 2011

MUNDO     

 

 

ESCOLMA  DE ACTIVIDADES PARA  O DÍA DO MEDIO AMBIENTE (premendo na imaxe)                              

Powered by Drupal - Design by artinet