Os maios

Os maios

FACENDO O MAIO

Flores, laranxas, ovos... e moita imaxinación. Estes son os principais ingredientes dos "Maios", as construcións vexetais que esta fin de semana pasada e a que ven, en Vigo,  encheran as rúas.

Cada primeiro de maio  a vexetación sae á rúa en forma de "maio", unha construción de diferentes formas feita con elementos vexetais en función da zona na que se elabora e que pode ser enxebre ou artístico.

Os "maios" foron pensados  para invocar o crecemento das plantas cultivadas e para protexelas de posibles ameazas naturais ou sobrenaturais

A nosa proposta para este ano, e mostrarlle  aos nosos centros asociados da  agrupación  ARCE, as nosas costumes, e facer "0 maio" aínda que sexa de papel, un en primaria e outro  en infantil.

maios


INFÓRMATE
LOGO GALICIA ESPALLADA

 

En Galicia Espallada podes atopar moita información sobre esta festa ancestral

DALLE COLIÑO

 

Historia dos maios e máis curiosidades no blog "Dalle un coliño"

festa dos maios

 

Documento ilustrado moi interesante realizado por Mónica Suárez y Luis Pimentel

OS MAIOS EN VIGO

A asociación veciñal do Casco Vello organiza A festa dos maios o vindeiro día 8, no seguinte cartel anunciador podes acceder o programa do día.

cartel maios

Powered by Drupal - Design by artinet