Día do Libro

Día do Libro

Apradiñamentos lectores 2017

"Día do libro 2017 no Frian"

 

       O venres 21 de abril, celebramos no noso colexio o Día do libro, debido a que a data exacta coincide en domingo.

    O noso xeito de celebralo foi facendo un "Apradiñamento lector" e así converternos en "Padriños e madriñas, afillados e afilladas lectores/as". O alumnado dos cursos superiores leron ós demais cursos. Cada padriño/madriña foi a buscar ó seu alillado/a e levouno ó seu lugar preferido do cole para facer a súa lectura, e coma os nenos e nenas son moi listos, buscaron a sombra e un dos mellores lugares do patio para facer as súas lecturas.

 

 

    Foi unha delicia sentir durante media hora como todo o cole estaba inmerso na lectura de contos de medo, de piratas, de animais, de princesas, do circo...

 

   Só un murmullo de voces, de voces literarias, reinaban no patio, no areeiro, nas escaleiras...calquera lugar era bo para saborear unha boa aventura lida por un compañeiro ou compañeira de cole.

 

    Como non podía ser doutro xeito, unha experiencia así, tiña que ter un agasallo. Houbo intercambio de marcapáxinas, un bico e as gañas de repetir a experiencia.

 

 

 
 
Grazas, Día do libro!
 
 

23 de ABRIL " DÍA DO LIBRO"

dia do libro

 

E para celebrar este día, a ANPA, agasallanos con este novo proxecto "Compartindo os meus libros"

O obxectivo do mesmo  é intercambiar entre o alumnado (e os seus pais/nais) os libros de texto e os libros de lectura recomendados polos mestres/as en cada ciclo formativo.

 

Podes analizalo máis polo miúdo na seguinte presentación

 

 
Grazas pola iniciativa!

DÍA DO LIBRO 2012

Para o 23 de Abril, Día do Libro, a nosa Biblioteca proponnos actividades moi interesantes que atoparás premendo na seguinte imaxe.

DIA DO LIBRO

 BO DÍA DO LIBRO!

No Frian, marcapáxinas por libros e margaridas por rosas

marcapáxinas e margaridas

APADRIÑAMENTOS LECTORES, ENLACE AO BLOG DA BIBLIOTECA.

DÍA DO LIBRO 2011

Co gallo do Día do Libro e a proposta da nosa Biblioteca, editamos dous libros de poemas, un en Galego e outro en Castelán. Estes libros son unha recopilación de poemas editados nas dúas linguas por distintos autores.

Tamén dirixidos polo Equipo de Biblioteca realizáronse apadriñamentos lectores.

Para ampliar  esta información visitade o Blog da nosa Biblioteca e deixade o voso comentario sobre esta actividade.

RECOPILACIÓN DE POEMAS EN CASTELÁN

RECOPILACIÓN DE POEMAS EN GALEGO

GRAZAS AO EQUIPO DA BIBLIOTECA POR TAN FANTÁSTICA ACTIVIDADE!!!

Powered by Drupal - Design by artinet