Teatro

"HAI TÍTERES NO BOSQUE " EN BAIONA

A nosa pequena compañía de teatro de 3º, capitaneada polo mestre Victorio, viaxaron a Baiona ao Ceip Belesar, para debutar na temporada de teatro deste curso. A obra inédita que están a representar na actualidade titúlase: "Hai títeres no bosque".

Deixámosvos unha imaxes desta primeira representación:

TEATRO INTERCENTROS, VISITA AO CEIP PINTOR LAXEIRO

Hoxe 10 de maio, dentro do programa teatro intercentros, tocounos visitar o Ceip Pintor Laxeiro, situado na zona da Florida.

Alí actuamos para os nenos e nenas de 2º a 6º. Cando rematamos, despois de moitos aplausos entregáronnos uns diplomas e uns agasalllos. Para finalizar, déronnos unha estupenda merenda. Tamén houbo un poquichiño de tempo para xogar no patio deste colexio.

Deixámosvos dous vídeos coa obra de teatro "O espíritu do bosque"

 1ª parte: "O espíritu do bosque"  
 
2ª parte: "O espíritu do bosque"  

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

E tamén unhas fotos da actuación deste día:

TEATRO INTERCENTROS

O grupo de teatro do Ceip Pintor Laxeiro foi o encargado de facer as delicias dos nenos e nenas do colexio, de segundo curso ata sexto, dentro do programa de teatro intercentros.

cartel teatro

(Cartel anunciador da obra de teatro)

Interpretaron para nós a obra: "A viaxe de Farrapos", a historia dun boneco de neve que viaxa ao longo das estacións da vida . A actuación resultou entretenidísima, non falto música nin baile. O rematar repartíronse agasallos, obsequiámoslles con unha boa merenda e tamén xogaron un bo rato  no patio.

O noso grupo de teatro visitará o Ceip Pintor Laxeiro o 10 de maio.

A continuación podedes ver unhas imaxes da representación:

II XORNADAS DE TEATRO ESCOLAR 2011

CARTEL XORNADAS DE TEATRO

Hoxe, 7 de abril de 2011, os nenos e nenas de 4º de primaria acudimos o Auditorio da ESAD (Escola Superior de Arte Dramático) a interpretar a obra de teatro "O Espíritu do bosque". Alí compartimos función co Ceip Seis do Nadal e Ceip O Pombal.

Decirvos que foi todo un éxito. Noraboa a todos e todas polo voso esforzo!!!

Nesta ocasión fomos acompañados do alumando de 5ºA que fixeron de figurantes durante a representación, moitas grazas pola vosa colaboración.

Deixámosvos unhas fotos dos ensaios e da chegada cos diplomas obtidos pola nosa estupenda participación.

O VÍDEO DA OBRA DE TEATRO

UNHAS ÁRBORES MOI ESPECIAIS

Frianciño está que bate as súas ás máis forte que nunca, por que? pois porque ten unhas árbores novas onde poder durmir... si, si como oes!

Estás árbores feitas en madeira foron pintadas por Carmen (nai de Noa Carmen, alumna de 5º A).  Temos que dicir que Carmen é Licenciada en Belas Artes e na actualidade traballa coma restauradora. Nas árbores non falta un moucho, un ourizo, unha vacaloura, paxariños e frores. Foi un pracer vela traballar, aprendemos moito.

Xulgade vós mesmos, algún momento do traballo e o resultado:

Powered by Drupal - Design by artinet