Colorín... Colorado

Colorín...colorado

Aliméntate de contos

A todo o alumnado de Educación Infantil encántannos os contos e visitar a nosa biblioteca escolar. A través dos libros viaxamos e coñecemos lugares novos. A través dos contos alimentamos o noso coñecemento e tamén a nosa imaxinación. Con motivo do proxecto anual deste ano realizamos entre os cursos de 4 e 5 anos un mural representativo chamado " Alimentate de contos" .Tamén aproveitamos a todos para animarvos a ler!!!

 

Resultado de imagen para niño leyendo

COMO MOLAS AS MOCHILAS

Seguinte ronda das mochilas viaxeiras. Cada vez nos encantan mais , só hai que ver as nosas caras para ver a ilusión que nos fai levalas para casa e compartilas en familia.

 

 

"MIGALLAS" NA ESCOLA

O xoves 16 de novembro o grupo " Migallas" acompañado de Bea e Paulo, visitaron o noso cole para deleitarnos cun contacontos para o alumnado de 5 anos. " A galiña roxa" e " Wonder" foron entre outros dos contos dos que gozamos acompañados da guitarra. Grazas por vir, e esperamos voltedes mais veces.

 

                                          

 

 

 

 

 

NOVA RONDA DAS MOCHILAS VIAXEIRAS

Nova ronda das Mochilas viaxeiras. Os nenos sempre moi ilusionados e encantados con levala para disfrutala na casa en familia. Estes foron os afortunados.

 

                                                                                  

 

QUE MEDO DE CONTOS

Con motivo da celebración do Samaín, levamos a cabo dous contacontos de medo. Sumerxímonos en dous contos a mar de terroríficos " Carabuñas" e " El fantasma Fran".

Como nos gustan os contancontos ... e se son de medo aínda mais!