Novas

Novas

Xornada de acollida no IES República Oriental do Uruguai

O alumnado de 6º de primaria visitou o IES República Oriental do Uruguai (ROU) para realizar unha xornada de acollida. Fomos camiñando dende o colexio, o tempo acompañaba, e as distancias non son moi grandes.

Alí esperábannos para presentarnos o proxecto deste ano; facendo  de mestres de ceremonias, antigos alumnos/as de Frian. Que orgullo!

Ensináronnos distintas dependencias do centro: a biblioteca, a aula de bilingüe, o laboratoiro, o horto, etc. Compartiron connosco un obradoiro de ciencia, onde sorprendéronnos con moitas actividades; participamos nunha demostración de robótica...

Agasalláronnos cunha estupenda merendola e conseguimos que nos convidaran a representación de "Romeo e Julieta", pero iso é outra historia....

 

Vémonos axiña!

Obradoiro "Riscos na internet"

riscos

 

Corremos riscos na internet?
No día de hoxe, 27 de maio, a Policía local de Vigo segue a botarnos unha man no cole. Nesta ocasión veu a falarnos sobre os riscos que corremos na internet a diario.
Resultou unha charla moi interactiva e impactante, xa que, os rapaces tomaron conciencia das posibilidades tanto positivas como negativas do uso da internet.
A charla centrouse na obrigada actualidade da utilización das redes sociais , un tema no que so deberiamos entrar a partires dos 14 anos, pero que, cada vez o utilizamos con moita máis lixeireza.
Os nosos/as nenos7as escoitaron casos reais de situacións nas que eles mesmos poderíanse ver envoltos e recibiron os consellos máis acertados e seguros.

Navega con Rumbo

 

día da internet

O 17 de maio celébrase o Día Mundial da internet, non queremos deixar pasar a ocasión para recordarvos algúns consellos e actitudes que debemos adoptar cando nos queremos conectar, o alumnado de 5º e 6º recibiron unha charla que queremos compartir.

A encargada de dita charla foi Yolanda García; fíxonos recapacitar sobre unha morea de temas relacionados coa internet: as súas bondades, os riscos, todo aquilo co que debemos ter coidado, precaucións que debemos tomar... Podemos recordar todo na seguinte presentación.

Debemos estar formados e informados!

Instantáneas durante a charla:

 

 

 

O alumnado de 6º visita o ROU

Para rematar o mes de marzo, o día 31, os nenos e nenas de 6º visitamos o ROU. Percorremos o instituto da seguinte maneira: primeiro a biblioteca, logo o laboratorio, estivemos nunha exposición feita por 1º da ESO, nunha clase bilingüe e nunha representación teatral de 2º da ESO, con baile e todo.

Tivemos merendola na biblioteca e rematamos cunha visita ao horto.

Acolléronnos con moito agarimo.

Moitísimas grazas á organización do instituto Rosais I

abalarMóbil

Na procura dun chanzo máis na andaina dixital da nosa Comunidade Educativa

 

abalar movil

Descarga no teu móvil ou tablet a aplicación "abalarMóvil" así poderás recibir información de interese dende o colexio.

 

Titorial de axuda de descarga

Máis información no Espazo Abalar

 

Powered by Drupal - Design by artinet