Día da muller traballadora

Día da muller traballadora

Ecos do 8 de marzo: "Día Internacional da Muller"

Co gallo da celebración do Día Internacional da Muller, no colexio realizamos unha morea de traballos para a súa conmemoración. Por unha banda adicamos este día a investigar sobre as mulleres deportistas , adaptando esta data ao noso PDI: "Vivindo san no cole Frian".

O propio día 8 de marzo, colocamos os nosos traballos nun mural colaborativo e cantamos todos xuntos a nosa canción favorita.

O xoves 15, tivemos a gran sorte de desfrutar no cole da presencia de Susana Rodríguez, deportista viguesa de triatlón.

Susana contounos como levou a cabo o seu sono de poder ir a unha olimpíada. Deleitounos cunha exposición que deixounos abraiados da súa capacidade de superación.

Grazas Susana por compartir connosco o teu entusiasmo polo deporte!!

 

Todo este traballo sobre as "mulleres deportistas" concéntrase no seguinte genially:

8 de marzo, "Día da Muller traballadora"

Hoxe 8 de marzo de 2018 celebramos no noso colexio o "Día da Muller". Nesta ocasión o noso recordo foi para mulleres deportistas destacadas en diferentes disciplinas e para as mulleres máis importantes nas nosas vidas.

O equipo de Educación Física propúxonos distintas posibilidades de Mulleres deportistas relevantes de todos os tempos; cada curso fixo a súa elección e despois de traballadas na aula tocou colocalas no taboeiro para que todos e todas poidan desfrutar dos traballos.

Todos e todas xuntos/as cantamos no patio "Son muller" de Máis boas que as patacas.

Feliz día da Muller e que todos os días sexan 8 de marzo!

Celebración do Día da Muller traballadora

Hoxe, 8 de marzo, "Día da Muller traballadora" realizamos un acto sinxelo, pero moi significativo.

 

O alumnos e alumnas de 3ºB fixeron de mestres/as de ceremonias no salón de actos para cantar todos e todas xuntas o rap que tan maxistralmente compuxeron e interpretaron.

 

 

Nunha caixa preparada para tal fin, o alumnado de todo o colexio, deixou os seus debuxos sobre mulleres do circo.

 

 

Á hora da salida os familiares que se achegaron ó patio puideron contemplar algúns destes traballos.

 

 

Queremos que todos os días sexan 8 de marzo!

8 de marzo, Día da Muller traballadora!

 O 8 de marzo celébrase o Día da Muller traballadora.

En 1911 algúns países (Dinamarca, Alemaña, Austria e Suiza) realizaron a primeira convocatoria deste día; non foi ata 1977 cando a ONU proclamou o 8 de marzo:

"Día Internacional por los Derechos de la Mujer y la Paz Internacional"

muller traballadora

Porta decorada de 3º B, inspirada nunha obra de Botero

 

 

Este ano, atendendo o noso PDI: "Había unha vez...", aproveitamos un excelente traballo do alumnado de 3º B, que comparte con nós para este día. 

 

Rap: "As mulleres do circo son"

 

As mulleres no circo poden ser

todo aquilo que elas queiran ser.

As mulleres do circo presentan a función,

ao final do acto apluidimos un montón.

Si, mulleres no circo hai

sendo trapecistas e domadoras de leóns.

As mulleres do circo magas son

sacando os coellos de chisteiras de cor.

Bailarinas son e comezan a bailar,

non paran de xirar, de xirar e xirar.

As mulleres do circo acróbatas son

moi boas saltando e volteando ao chou.

Coas pallasas a función podes asistir

e xa verás como non paras de rir.

As mulleres do circo son...

As mulleres do circo son...

 

Grazas por compartir o voso traballo!

 

Mañá todas e todos subiremos ó salón de actos a cantar este rap!

 

 O Equipo Tic recoméndavos os seguintes enlaces  ::

 LIM da nosa compañeira Belén Junquera de "Casa de tol@s"

 

 

A nosa compañeira, Nela Abella, comparte este lim sobre muller e ciencia

 

 

Tamén de  Nela Abella, este Lim sobre Clara Campoamor

lim

 

En LIM  tamén, Clara Campoamor e o inicio do voto feminino.

Para o 3º ciclo de primaria

Para Educación Infantil e 1º ciclo

A nosa compañeira Ana Martínez, para traballar o tema da igualdade libro lim sobre un POEMA de CARMEN GIL, titulado POEMITAS DIVERTIDOS.

8 de marzo, Día da muller traballadora

 O 8 de marzo celébrase o Día da Muller traballadora.

En 1911 algúns países (Dinamarca, Alemaña, Austria e Suiza) realizaron a primeira convocatoria deste día; non foi ata 1977 cando a ONU proclamou o 8 de marzo: "Día Internacional por los Derechos de la Mujer y la Paz Internacional"

dia muller

 

 O Equipo Tic recoméndavos os seguintes enlaces  ::

 LIM da nosa compañeira Belén Junquera de "Casa de tol@s"

 

 

A nosa compañeira, Nela Abella, comparte este lim sobre muller e ciencia

 

 

Tamén de  Nela Abella, este Lim sobre Clara Campoamor

lim

 

En LIM  tamén, Clara Campoamor e o inicio do voto feminino.

Para o 3º ciclo de primaria

Para Educación Infantil e 1º ciclo

A nosa compañeira Ana Martínez, para traballar o tema da igualdade libro lim sobre un POEMA de CARMEN GIL, titulado POEMITAS DIVERTIDOS.

concello de Vigo

 

 

DATOS E DATAS PARA LEMBRAR... Concellería de Igualdade. Concello de Vigo

dia de la mujer trabajadora

 

 

NACIÓNS UNIDAS, preséntannos está páxina informativa.

birujines

 

 

RINCÓN DOS REBUJINES, comparte actividades para o aula.

 

 

 

 

"NOSOUTRAS CREAMOS MUNDO"

 

 

BIOGRAFÍAS DE MULLERES DESTACADAS

Despois de facer estas actividades podedes visualizar o seguinte vídeo. Trátase dunha representación teatral realizada polo alumnado de 6º, no curso 14/15, e titulada "O país dos mandóns"; inspirada no libro de Paloma Rodríguez e Cristina Justo.

Powered by Drupal - Design by artinet